Dialecto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Eliminado: ksh:Dijalägk; cambios estética
Liña 25:
A lingüística moderna considera que o estado da lingua non está soamente determinado por criterios lingüísticos, senón que tamén é o resultado dun desenvolvemento histórico e político. O [[romanche]] foi recoñecido como lingua ao desenvolver a súa propia escrita, malia ser moi próximo aos dialectos alpinos do [[lombardo]]. Un caso contrario é o do [[chinés]], cuxas variantes son xeralmente consideradas dialectos e non linguaxes, malia que os falantes non poidan entenderse entre eles, porque comparten unha escrita común.
 
== Controversia ==
Os termos "dialecto" e "idioma" poden evocar distintos significados segundo a persoa; mesmo entre os lingüistas non existe unha posición común. Aínda que ningún [[criterio]] para distinguilos está aceptado de forma universal, existen numerosos paradigmas que ás veces producen resultados polémicos e contradictorios.
 
Por veces, os criterios políticos que interferen na lingua poden estar moi distantes dos criterios científicos. Hai países, nos que auténticas linguas son consideradas apenas dialectos. Non é preciso ir moi lonxe: en [[Francia]], por exemplo, o [[éuscaro]] non goza de estatus de lingua senón de dialecto.
 
=== Factores políticos ===
[[Max Weinreich]] proporcionou esta definición: "Un idioma é un dialecto cun exército e unha armada". Así a todo, isto tamén leva a inconsistencias e controversias, dado que as fronteiras políticas non delimitan as liñas do uso da lingua nin da comprensibilidade. Dependendo das realidades e ideoloxías políticas, a clasificación das variedades da fala como dialectos ou idiomas e a súa relación con outras variedades da fala poden albergar controversias e os vereditos poden ser inconsistentes. O [[Lingua inglesa|inglés]] e o [[serbocroata]] son un bo exemplo disto. Estes idiomas teñen dúas variedades principais: o inglés de Gran Bretaña e de Estados Unidos, por unha banda; e o [[serbio]] e o [[croata]] por outra, xunto con outras variedades non tan faladas. Por razóns políticas, analizar estas variedades como "linguaxes" ou "dialectos" produce resultados inconsistentes: o inglés británico e o inglés americano, falados por grandes aliados políticos e militares, son considerados case universalmente como dialectos do inglés. Así a todo, os idiomas padrón de [[Serbia]] e [[Croacia]], cuxas diferenzas son comparables en número coas diferenzas entre o inglés británico e o inglés americano, son considerados por moitos lingüistas da rexión como idiomas diferenciados, en boa parte porque a relación entrambos países oscila da amizade á inimizade. (''Para máis información sobre o serbocroata, consúltese [[serbocroata|aquí]]'')
 
Abundan os exemplos paralelos a este. Os nacionalistas [[Macedonia|macedonios]] consideran que o [[macedonio]] é un idioma e non un dialecto, aínda que resulta mutuamente intelixible co [[búlgaro]] e a miúdo é considerado un dialecto do búlgaro. No [[Líbano]], o partido político de dereitas e ultranacionalista [[Gardiáns dos Cedros]], que se opón aos lazos que unen o país co mundo [[árabe]], estase mobilizando para que o "[[libanés]]" sexa considerado como unha lingua distinta do [[árabe]], e non un simple dialecto, e ata pretende substituír a [[alfabeto árabe|escrita árabe]] por unha resurrección do antigo [[alfabeto fenicio]].
 
=== [[Lingüística histórica]] ===
Moitos historiadores lingüísticos pensan que tódolos idiomas son dialectos de formas de comunicación anteriores das que se desenvolveron. Segundo este punto de vista, os [[idioma romance|idiomas romances]] modernos serían dialectos do [[latín]], o [[grego moderno]] do [[grego antigo]] e o [[Tok Pisin]] do inglés. Este paradigma non está totalmente exento de problemas. As relacións xenéticas son o máis importante, e os "dialectos" dun "idioma" (que pode ser "dialecto" doutro idioma anterior) poden ser ou non mutuamente comprensibles. Ademais, unha lingua nai pode dar lugar a moitos "dialectos" que poden así mesmo subdividirse numerosas veces, e algunhas destas ramas poden cambiar máis rapidamente ca outras. Isto pode dar lugar a dous dialectos (definidos segundo este paradigma) cunha relación máis ou menos afastada, pero que son máis parecidos entre si que a outros dialectos máis próximos. Este patrón preséntase nas linguas romances modernas. O [[Lingua italiana|italiano]] e o [[Lingua galega|galego]] teñen un alto grao de comprensión mutua, que ningún dos dous idiomas comparte co [[Lingua francesa|francés]] malia que ambos idiomas se atopan "xeneticamente" máis próximos ao francés do que entre eles, e é que o francés sufriu cambios máis rápidos có galego ou o italiano.
 
== Véxase tamén ==
* [[Variedade lingüística]]
 
[[Categoría:Sociolingüística]]
 
Liña 85 ⟶ 86:
[[kg:Patua]]
[[ko:방언]]
[[ksh:Dijalägk]]
[[ku:Zarava]]
[[la:Dialectos]]