Diferenzas entre revisións de «Indie rock»

m
sen resumo de edición
(básico de en.wiki)
 
m
| xénero = Indie rock
| orixe musical = [[rock alternativo]], [[post-punk]], [[New Wave]]
| orixe cultural = principios dos 80 no [[Reino UnidosUnido]], [[Estados Unidos]] e [[Canadá]]
| instrumentos = guitarra, baixo, batería, teclados, voces
| popularidade = alta en Norteamérica e no [[Reino Unidos]] dende finais dos 2000
}}
 
O '''indie rock''' é un subxénero do [[rock alternativo]] aparecido no [[Reino UnidosUnido]] e nos [[Estados Unidos]] non anos 80. O significado do termo "indie rock" é discutido aínda hoxe en día por moitos músicos, seareiros e xornalistas. Principalmente o termo úsase para describir calquer tipo de rock producido por artistas que traballan con selos discográficos independentes e salas ''underground'', que apareceron nos [[Estados Unidos]] e noutros lugares nos anos 80 e 90. Outros ven ao indie rock como un xénero propio dentro do rock cunha estética específica, e danlle menos importancia ao contexto no que apareceu. Moitos adoptan os dous significados do termo, crendo que a estética do xénero e a súa filosofía de produción están profundamente entrelazados.
 
Os artistas do indie rock son coñecidos por procurar manter o control completo da súa música e as súas carreiras, editando álbums en discográficas independentes e confiando nas xiras, no boca a boca, na emisións dos seus temas en radios universitarias ou independentes e, en anos máis recentes, na promoción a través de internet. Porén, noas anos 2000 moitos artistas cun estilo musical definido como "indie" asinaron con grandes discográficas ou as súas subsidiarias, e comezaron a promocionarse a través de medios de comunicación máis tradicionais. Isto deu lugar a unha nova confusión no significado do termo.
64.026

edicións