Vinagre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
ligazón interna
arranxiños
Liña 42:
O máis coñecido é o ''[[Ácido balsámico|Ácido balsamico de Módena]]'', un tipo de vinagre de orixe [[Italia|italiana]] procedente da rexión de [[Emilia-Romaña]] e sobre todo da cidade que lle dá nome: [[Módena]]. Dentro das súas características atópanse as de posuír un sabor forte, cor escura e aromas lixeiramentes doces. Madura durante polo menos 12 anos en toneis de diferentes madeiras{{cómpre referencia}}. Emprégase moito en [[vinagreta]]s. É recomendable só engadir unhas pingas á salsa para aderezar. Existen algúns vinagres en pequenas [[botella]]s de 100 ml que ata poden chegar a custar bastantes centos de [[euro]]s, xa que están envellecidos por moitos anos (poden chegar a 40 anos ou máis).
 
=== Vinagre de XerezJerez ===
A obtención deste vinagre vincúlase á produción dos viños do [[Marco de Jerez]]. O vinagre elabórase exclusivamente a partir da fermentación acética destes viños: o sabor deste vinagre é máis forte que o de viño. A cor resultante deste vinagre é caoba escuro, algo concentrado e de aromas xenerosos, no nariz nótase o matiz da madeira. O vinagre de XerezJerez é ideal para consumirse en [[vinagreta]]s e [[aderezo]]s de ensaladas así como [[saborizante]] de diferentes alimentos.
 
Tense constancia da súa existencia alá polo [[século I]] despois de Cristo, nos escritos do sabio [[Cádiz|gaditano]] [[Columela]]. Actualmente forma parte dos produtos de calidade certificada pola [[Xunta de Andalucía]] e a súa produción está regulada polo Consello Regulador do Viño e Brandy de XerezJerez. Pódense atopar dous tipos: "Vinagre de XerezJerez", que envelleceu seis meses, ou "Vinagre de XerezJerez Reserva", que envelleceu un mínimo de dous anos (aínda que o Consello permite especificar a idade se esta é maior, e poden atoparse vinagres de ata 20 ou 30 anos).
 
=== Vinagre de sidra ===
Liña 64:
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.sherry.org/vinagre/index.html Vinagre de XerezJerez]
 
[[Categoría:Condimentos]]