Lingua sarda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: tt:Сардин теле
Liña 25:
==Variedades==
 
*'''Sardo logudorese''', no norte e parte do centro de Sardeña, é a variedade en que se escribiu a maioría da [[literatura sarda]]. Comprende á súa vez dosdous dialectos do logudorés común (''Logudorese comune'') e do sardo nuorés (''Sardo nuorese''); constitúe a forma máis arcaica, con maior prestixio e viveza cultural;
*'''Sardo campidanese''', falado na rexión histórico-xeográfica do [[Campidano]], na parte centro-meridional de Sardeña; é a variedade que conta con máis falantes; presenta fortes influxos cataláns e toscanos.
 
Tamén se consideran dialectos sardos, aínda que presentan unha estrutura gramatical máis similar ao [[corso]] e con fortes influxos lígures e toscanos, as seguintes variantes:
*'''Gallurese''', falado na parte nordeste da illa, en [[Gallura]], é unha variedade lingüisticamente máis próxima ó corso que ó sardo pero considérase parte do sardo.
*'''Sassarese''', propio da cidade de [[Sassari]], en [[Porto Torres]] e en zonas circundantes, posúe características de transición (intermedias) entre o galurés e o logudorés, derivados tamén da forte influencia exercida polos dominadores [[Pisa|pisanos]], [[Xénova|xenoveses]] e [[Coroa de Aragón|cataláns]].
 
==Ámbito de difusión==