Taras Schevchenko: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m r2.6.3) (bot Engadido: an:Taras Shevchenko
Xoacas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
'''Taras Hryhorovych Shevchenko''' ('''Тарас Григорович Шевченко''') ([[1814]] - [[1861]]) foi un poeta e pintor ucraíno, fundador da literatura moderna ucraína e dun xeito máis amplo da [[Ucraína]] moderna.
 
Naceu no seo dunha familia de servos da vila de [[Morynzi]], preto de [[Kiev]] (entón parte de [[Rusia]]). Shevchenko quedou orfo aos 11 anos, como de neno amosaba talento para a pintura, acompañou ao seu amo, P. Engelhardt, ás viaxes a [[Vilnius]] e [[San Petersburgo]], onde Shevchenko recibiu clases de pintura. Algúns pintures rusos recoñeceron o seu talento e tentaron obter a súa liberdade, que conseguiron en 1838 tras pagar 2500 [[rubloRublo ruso|rublos]]s. Nese ano conseguiu ser aceptado na Academia de Artes no estudo de [[Karl Briullov]]. En [[1840]] publicou a súa primeira colección de poesía, ''Kobzar'', aínda que viña escribindo dende a súa época de servidume. En 1841 apareceu o poema épico ''Haidamaky''. En [[1842]] publicou unha parte da traxedia ''Nykyta Hayday'' e en 1843 completa o drama ''Nazar Stodolya''. Logo do éxito desas obras Shevchenko viaxou por Ucraína e comprobou as duras condicións nas que vivían os seus compatriotas.
 
O [[22 de marzo]] de [[1845]] a Academia de Artes concedeulle o título de artista e viaxou de novo á súa terra, onde entrou en contacto con membros da Irmandade dos Santos Cirilo e Metodio, unha sociedade secreta política que avogaba por amplas reformas no seo do Imperio Ruso. Detívose a Shevchenko con outros membros da irmandade o [[5 de abril]] de [[1847]] tras a prohibición da sociedade, enviado a San Petersburgo e enviado ao exilio en [[Orenburg]] ([[Siberia]]) coa prohibición de escribir e pintar, tan só puido regresar en 1857, pero ao non poder asentarse en San Petersburgo estableceuse en [[Nizhni Novgorod]]. En maio de [[1859]] obtivo permiso para ir a Ucraína, arrestado por blasfemia en xullo, ordenouselle voltar a San Petersburgo.