Nené Estivill: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
traducido da wikipedia en español
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de marzo de 2011 ás 21:28

Alejandro Santamaría Estivill nado en Pontevedra, 1926, máis coñecido como Nené Estivill, é un [[|Lista de historietistas|historietista]] galego, creador de personaxes como Agamenón e A terrible Fifí.

Biografía

Empezou a súa carreira como debuxante profesional durante os anos 50, en revistas galegas como Camino ou Potosí, así como en "La Risa" de Editorial Marco,[1] onde creou as súas primeiras series: O malvado Doutor Cianuro e o seu axudante Panduro e Cañete Camarón, deportista de afección. En 1956 foi contratado por Editorial Valenciana, e no semanario Jaimito, de dicha editorial, publicou unha nova serie, La Bola, así como novas entregas das aventuras de Cañete Camarón.

En 1958 comeza a traballar para os semanarios de Editorial Bruguera, primeiro con chistes soltos, e logo coas historietas A terrible Fifí (en Pulgarcito) e Silvano Mengano (en Can Can). A primeira tivo un gran éxito e publicouse en varias das revistas de cómics de Bruguera.

En 1961 aparece outro dos seus grandes personaxes: Agamenón, na segunda etapa da revista Tío Vivo. Foi unha das poucas historietas de Bruguera en que se mostrou un ambiente rural.

Continuou traballando como historietista até os anos 70.

Notas

  1. Ramírez (1975), p. 42.


Bibliografía