Mar de Chukchi: Diferenzas entre revisións

mar
Contido eliminado Contido engadido
Tradución do artigo da wikipedia en catalán ca:Mar dels Txuktxis
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de marzo de 2011 ás 16:41

O mar de Chukchi (en ruso Чуко́тское мо́ре Txukótskoie more, en inglés Chukchi Sea) é a parte do océano Ártico situada entre Chukotka (no extremo oriental de Asia) e Alasca (no extremo occidental de América). O estreito de Bering, no sur, conéctao co mar de Bering e co océano Pacífico. Ao oeste, limita co mar de Siberia Oriental e a illa de Wrangel, e ao leste confúndese co mar de Beaufort.

Mapa do mar de Chukchi

Ten unha superficie aproximada de 595.000 km² e só é navegable uns catro meses ao ano. Máis da metade do mar de Chukchi (un 56%) ten unha profundidade inferior aos 50 m.

Este mar chámase así polos chukchis, que viven nas súas costas. A rexión do extremo oriental de Siberia de onde é orixinario este pobo chámase Chukotka.

O porto principal é Uelen, no estreito de Bering.