Cerdaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
iw e cat
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''A Cerdaña''' (''Cerdanya'' en [[Lingua Catalá|catalán]], ''Cerdagne'' en [[Lingua Francesa|francés]], ''Ceritania'' en [[Latín|latín]]) é un territorio histórico que como consecuencia do [[Tratado dos Pireneos]] do [[1659]], quedou dividido en dous: a comarca da [[Alta Cerdaña]], que forma parte dos [[Pireneos Orientais]], é dicir, os territorios administrados por [[Francia]], e a [[Baixa Cerdanya|Baixa Cerdaña]], que forma parte de España, dentro da Comunidade Autónoma de [[Cataluña]]. Esta a súa vez, quedou dividida nas provincias de Girona e Lleida.
 
Comprende dende o [[collado de la Perxa]] ata o congosto de [[Martinet]]. A comarca limita con [[Andorra]], o [[Ariège]], o [[Capcir]], o [[Conflent]], o [[Ripollés]], o [[Berguedá]] e o [[Alto Urgel]]. O enclave de [[Llivia]] forma parte da Baixa Cerdaña por estar baixo soberanía española, pero os seus territorios están situados no medio do territorio francés, cousa que fai que xeográficamente forme parte da Alta Cerdaña. As montañas que delimitan o val oscilan entre os dous mil e os case tres mil metro de altitude ([[Carlit]], 2921 m; [[Puigmal]] 2909 m).