O loureiro na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 2:
Na '''cultura popular galega''', o '''[[loureiro]]''' ten dúas grandes aplicacións: como [[planta medicinal]] e como protector contra as [[tormenta]]s, os meigallos e outras desgrazas. Este segundo aspecto é o que se desenvolve neste artigo.
 
==O loureiro, protector==
O loureiro estaba dedicado ó deus [[Apolo]] e os [[emperador]]es coroábanse cunha coroa de loureiro <ref> “''El laurel, por su belleza, y por sus emanaciones balsamicas, fue consagrado al Dios de la Poesia, á ceñir la frente de los vencedores. Se plantaba al rededor de los palacios de los Cesares y Pontifices; se creia libre del rayo la cabeza coronada con él, y los mismos Emperadores se acogian á él en tiempo de tempestad''” (Vocabulario de [[Francisco Javier Rodríguez]] (1825?-1855).</ref>. De feito, o loureiro é árbore de folla [[perennifolio|perenne]], que nunca seca, o que o converte en símbolo da supervivencia. Quizais sexa consecuencia desta crenza o costume galego de colocar no máis alto da [[casa]] acabada de construír, un ramo de loureiro como desexo de protección e ventura para a vivenda e os seus habitantes. Este ramo de loureiro, que xa pasa a designarse simplemente como ''o ramo'', dá nome tamén ó convite ou ''albaroque'' que se fai ó remata-la obra.
 
Liña 21 ⟶ 22:
 
==Cantigueiro==
* A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros. <ref>[[A Atalaia, Asados, Rianxo|A Atalaia]] é un lugar da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo).</ref>.
* Arrimeime a ti, loureiro,/ coidando que eras calado./ Loureiro, lengoareteiro,/ lévalo lengoaretado.