Cruceiro (arquitectura): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
Furado (conversa | contribucións)
m Ligazón interna.
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Cruceiro (homónimos)}}
[[Ficheiro:Crossing.png|300px|thumb|right|Vista en planta dun templo co cruceiro resaltado.]]
Nas [[Igrexa (arquitectura)|igrexas]] cuxa planta posúe forma de [[cruz latina]] ou [[cruz grega|grega]], denomínase '''cruceiro''' ao espazo definido pola intersección da [[nave (arquitectura)|nave]] principal e a transversal ou [[transepto]]. Este espazo adóitase cubrir mediante unha [[bóveda (arquitectura)|bóveda]] ou [[cúpula]] alzada sobre un [[ciborio]] ou [[tambor (arquitectura)|tambor]] que se sustenta nos [[arco (arquitectura)|arcos]] torais. Deste xeito obtéñense dous efectos: resaltar ao exterior o punto de encontro das naves con esa especie de torre que se encumbra sobre el, chamada [[tiburio]], e favorecer a iluminación a través dos ocos abertos no propio ciborio ou na [[Lanterna (arquitectura)|lanterna]] que en ocasións se intercala entre este e a [[cúpula]].
 
Non é raro ver o termo cruceiro utilizado para referirse ao ''transepto'' (do [[latín]] ''Transeptum''), é dicir, á propia nave que cruza á principal no canto do lugar onde se cruzan.