Oirós, Vila de Cruces: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Furado (conversa | contribucións)
m Ligazón interna.
Liña 19:
A partir do século XI, hai varias referencias documentais ao convento de Auriolos, dependente do de Piloño, pero non hai pegadas sobre a súa situación.
 
A '''igrexa de Santa María de Oirós''' é románica, pero quedan poucos restos da fábrica orixinal, só unha fiestra no testeiro e un arco triunfal sobre columnas ás que lles foron mutilados os capiteis. Ten unha cruz procesional de [[1589]] labrada polo prateiro compostelán Rodrigo de Paradiñas. No interior do templo hai un [[arcosolio]] co sepulcro do comisario do Santo Oficio Lope Barela, morto en [[1610]], que doou a súa casa, hoxe reitoral (que conserva o seu escudo) a cambio de que lle permitiran facer este sepulcro e a capela que o alberga.
 
Hai outra capela que pertenceu á desaparecida casa de Pedroso, da que era o escudeiro Antón Sánchez de Oirós, nome que parece coincidir co de Antón Deza que figura entre os contendentes do Passo Honroso da ponte Orbigo, en xaneiro de 1434.