The Selfish Gene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m moveu "O xen egoísta" a "O xene egoísta": movo para fusionar os historiais
Toliño (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 1861493 de Toliño (conversa); reucpero a última edición boa
Liña 1:
'''''O Xene Egoísta: as bases biolóxicas para a nosa conduta''''' é unha obra divulgativa sobre a [[teoría da evolución]], en que [[Richard Dawkins]] presenta unha interpretación desta que procura explicar a [[evolución]] das [[especie]]s na perspectiva dos [[xene]]s e non na do individuo ou da especie. Segundo a [[Teoría do xene egoísta]], o xene é a unidade fundamental da evolución. Esta idea pon cobro a algunhas confusións que se criaron co obxectivo de explicar determinadas características físicas ou comportamentais dos [[seres vivos]]. Ollando a evolución desde o punto de vista do xene, pódense explicar mesmo fenómenos de [[selección]] de grupo. Este libro tamén é notábel por (re)introducir o concepto de [[meme]].
#redirect [[O xene egoísta]]
 
==Contido==
A teoría de Dawkins fixa os [[xene|xenes]], no canto dos individuos, como os axentes sobre os que opera a [[evolución]].
 
Dawkins redefine o concepto de xene como aquela unidade de información transmisible pola herdanza que produce un ou varios efectos concretos, en tanto poida existir outra unidade de información que produciría efectos distintos, denominada ''alelo'' do xene, sen importar se se trata dun xene illado (caso improbábel) ou de varios xenes cooperativos; incluso sería indiferente se un xene se corresponde cun [[cromosoma]] enteiro ou cun fragmento.
 
O [[egoísmo]] constitúe unha metáfora coa que Dawkins pretende explicar o feito de que a prosperidade dun xene depende da súa adecuación ao medio.
 
Un xene dun organismo (os organismos son así ''máquinas de supervivencia para xenes'') do que forma parte segue existindo se dito organismo se reproduce, posto que os xenes son a base da herdanza (no caso da [[reprodución]] sexuada, a probabilidade de que un xene determinado sexa herdado é do 50%, xa que o macho achega a metade dos xenes que formarán o novo individuo e a femia achega a metade restante; no caso da reprodución asexuada, a trasmisión dun xene dun ascendente a un descendente é directa: o descendente é unha copia xenética do ascendente). Así, os xenes que dalgunha maneira proporcionen máis oportunidades de reproducirse para o organismo do que forma parte que os respectivos [[alelo]]s tenderá a ser herdado por cada vez un maior número de individuos.
 
Unha metáfora adecuada para a teoría do xene egoísta é unha resposta á pregunta ''que vai antes, a galiña ou o ovo?''. A resposta, considerando "o xene egoísta", sería que unha galiña non é máis que o medio que utiliza un ovo para crear máis ovos.
 
Con estas premisas, Dawkins trata de explicar as relacións entre individuos: a agresión, a batalla de sexos, o conflito xeracional e mesmo a plausibilidade do altruísmo.
 
Como colofón da obra, Dawkins acuña o concepto de ''[[meme]]'' como axente responsable da transmisión cultural no ser humano, análogo ao concepto de xene, e polo tanto, suxeito ás mesmas regras básicas da evolución (o egoísmo entre elas).
 
==Edicións==
*[[1976]]: Primeira edición.
*[[1989]]: Edición actualizada (ISBN 853190188X). A maioría do texto da edición de [[1976]] consérvase, facéndose a actualización xeralmente en forma de notas ao final do texto. Incorpora dous capítulos novos ao final sobre a versión precedente: o capítulo 12, ''Os bos rapaces rematan primeiro'' (baseado nos traballos de [[Robert Axelrod]]); e o capítulo 13, ''O longo abrazo do xene'' (baseado na obra ''[[O Fenotipo estendido|The Extended Phenotype]]'' -O Fenotipo Estendido- do propio Dawkins).
 
 
[[Categoría:Xenética|Xene Egoísta, O]]
 
[[ar:الجين الأناني]]
[[de:Das egoistische Gen]]
[[en:The Selfish Gene]]
[[eo:Egoisma geno]]
#redirect [[Oes:El xenegen egoísta]]
[[fa:ژن خودخواه]]
[[fi:Geenin itsekkyys]]
[[fr:Le Gène égoïste]]
[[he:הגן האנוכיי]]
[[hu:Az önző gén]]
[[id:The Selfish Gene]]
[[is:The Selfish Gene]]
[[it:Il gene egoista]]
[[ja:利己的遺伝子]]
[[ko:이기적 유전자]]
[[nl:The Selfish Gene]]
[[nn:The Selfish Gene]]
[[no:Det egoistiske genet]]
[[pl:Samolubny gen]]
[[pt:O Gene Egoísta]]
[[ru:Эгоистичный ген]]
[[sv:Den själviska genen]]
[[tr:Gen Bencildir]]