Autoritarismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Modificado: it:Stato autoritario
m Corribot: Cambiando: "ainda->aínda".; cambios estética
Liña 2:
O '''autoritarismo''' é un réxime político no que é postulado o principio da [[autoridade]]. Esta é aplicada con frecuencia en detrimento das liberdades individuais.
 
== Definición ==
O autoritarismo pode ser definido como un comportamento en que unha institución ou persoa se excede no exercicio da autoridade da que foi investida.
 
Liña 20:
Nos réximes totalitarios, toda a iniciativa persoal dos cidadáns debe ser canalizada para o Estado, que non recoñece a existenza de nada que non sexa el mesmo. Esta concepción de goberno foi criticada, polo método de ser levada ás últimas consecuencias, na ficción de [[George Orwell]], que na súa [[novela]] [[1984]], idealizou o réxime totalitario do [[Grande Irmán]], que prohibía aos seus cidadáns mesmo o [[dereito]] de ter amor conxugal uns cos outros, pois soamente se podía amar ao Grande Irmán.
 
== Historia ==
Segundo algúns historiadores, o termo ''autoritarisme'' xurdíu logo do segundo imperio francês na [[década de 1870]], convirtíndose común, segundo a [[ciencia política]], a partir do inicio do século XX.
 
Xa na [[antigüidade clásica]] os termos [[oligarquía]] e [[tiranía]] eran discutidos. Os gregos ao trataren das teorías e organizacións do Estado xa demostraban a súa preocupación canto a definición do estado tiránico. [[Aristóteles]], na [[Política]], mostrou as primeiras tipoloxias que deran inicio á descrición dos réximes políticos existentes na súa época adoptando un criterio que definia a "finalidade da sociedade civil", ou cidade-estado, definida por "(sic)...unha reunión de familias e pequenos burgos que se asocian para disfrutaren xuntos unha existencia enteiramente feliz e independente".
 
Ainda [[Aristóteles]] definiu "(sic) ...que é necesario admitir, en principio, que as accións honestas e virtuosas, e non soamente a vida común, son a finalidade da sociedade política", demostrou que "(sic)...Dun lado existe o carácter ''puro e sadio da organización política'', doutro, ''a sua forma viciada e corrompida'', ocorrendo o primeiro cando a autoridade suprema (individual ou colectiva) é exercida en benefício do interese social; e o segundo, chamado dexeneración, cando prevalece o interese particular.”
 
== Clasificacións segundo Aristóteles ==
=== Formas puras ===
Desta forma, clasificou que as formas "puras" se diferencian de acordo coa base da autoridade suprema como:
* [[Realeza]] é o sistema onde a autoridade é real e suprema estando nas mans dun só.
* [[Aristocracia]], é o sistema onde o poder e a autoridade están nas mans de varias persoas sabias.
* [[República]], é o sistema cuxa autoridade emana das mans da multitude, en beneficio da coletividade.
 
=== Formas corrompidas ===
As formas "corrompidas" do poder son aquelas cuxos desvíos non son desexables e son definidas como:
 
* [[Tiranía]], segundo Aristóteles a peor de todas, equivalente ao que máis tarde se chamará tamén autoritarismo,
* [[Oligarquía]], que é a dexeneración da aristocracia, ou os desvios ocasionados pola aristocracia no momento en que tende a se perpetuar no poder.
* [[Democracia]], considerado de todos os gobernos dexenerados o "máis tolerable".
 
== Pensamento Aristotélico ==
Segundo o pensamento aristotélico, existen mecanismos que forman tanto a pureza como a [[corrupción política|corrupción]], e que estes derivan das formas máis diversas, o que comanda porén, é o nivel de pureza de carácter daqueles que asumen o poder.
 
== Democracia e Oligarquía ==
Aristóteles entendeu que a democracia e a oligarquía eran as formas máis importantes de exercicio do poder porque, "(sic)... se as diferentes funcións públicas poden ser acumuladas, un mesmo cidadán pode ser concomitantemente guerreiro, labrador, artesán, senador e xuíz". Os mesmos individuos non poderían ser ricos e pobres simultaneamente, pois as dúas clases mais diferentes no Estado son a dos pobres e a dos ricos.
 
Liña 51:
Por tanto, sempre haberá o enfrontamento ideolóxico, e un predominio dunha ou doutra das clases sociais que se manterá no poder, o oligárquico, representando a aqueles que detentan o poder econômico e o democrático, que no seu estado máis puro estará nas mans daqueles que dividen o poder.
 
== As institucións ==
Analizando as dúas clases sociais a partir dos subgrupos oriundos destas, Aristóteles observou as combinacións e as variacións do poder máis ou menos institucional conforme o predominio destas. Segundo o filósofo, "(sic)...cando se perde a soberanía da lei, dáse a dexeneración ''plebiscitaria'' ou ''demagóxica'', en que o pobo se transforma nun monarca de mil testas, sen conseguir se dirixir para un rumbo certo".
 
== Maquiavelo ==
[[Maquiavelo]], no comezo do século XVI, na súa obra “Il Príncipe” ([[O Príncipe]]), describiu o comportamento que era seguido polo autoritarismo. Trazando un paralelo entre os dominadores tiránicos e os monarcas que usaban a estratexia para se manter no poder.
 
== Autoritarismo e militarismo ==
O autoritarismo é frecuentemente asociado á dominación polo [[militarismo]], aparecendo como unha [[organización]] social [[jerarquía|jerárquica]] que pode asumir diversas formas e sendo denominado de acordo coa [[ideoloxía]] coa que se procura xustificar.
 
== As ideoloxías ==
A [[tirania]], o [[despotismo]], a [[autocracia]], o [[imperialismo]], o [[cesarismo]], o [[totalitarismo]], o [[fascismo]], o [[nazismo]], o [[franquismo]], o [[nacionalcatolicismo]], o [[corporativismo]] e o [[comunismo]] stalinista, ademais doutros, valéronse do autoritarismo para manter o poder opresor.
 
== Características ==
O autoritarismo posúe as seguintes características para se manter no poder:
* Exclusividade do exercicio do poder.
* Arbitrariedades.
* Debilitamento dos vínculos xurídicos do poder político.
* Alteración da lexislación institucional creando regras para a perpetuación no poder.
* Restrición substancial das liberdades públicas e individuais.
* Impulsividade nas decisións.
* Agresividade fronte á oposición.
* Ausencia ou limitación de liberdades, en especial de ideoloxía, opinión e expresión.
* Emprego de métodos ditatoriais e compulsorios de control político e social.
 
Os réximes autoritarios coinciden normalmente coa figura do [[estado de excepción]], que é diametralmente oposto ao [[Estado de dereito]]. O autoritarismo a pesar da relación co militarismo, non sempre camiña xunto ao estado militarista, mais para se manter no poder precisa do uso da forza, fornecida polos corpos e forzas de seguridade do Estado. Creando ás veces relacións insospeitadasd entre os militares, os políticos e os detentores do poder económico.
Liña 83:
 
 
== Véxase tamén ==
* [[Abuso de poder]]
* [[Ditadura]]
Liña 92:
 
{{Réximes de forza}}
 
[[Categoría: Política]]
 
[[als:Autoritarismus]]