Mamila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: uk:Сосок
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sw:Chuchu; cambios estética
Liña 24:
A aparencia das mamilas está relacionada con varios factores como a cor da [[pel]], o tamaño das mamas, a taxa de engraxamento, a exposición ao [[sol]], o estado emocional, a sensación de frío, a idade e a fase de [[lactancia]].
 
== Exploración ==
Unha das formas de descubrir algún síntoma de [[cancro]] da mama é facer o autoexame, apalpándose as mamilas. Aperte suavemente a mamila de cada mama, cos dedos polgar e indicador. O aparecemento de secreción abundante ou sanguinolenta deberá ser comunicado inmediatamente a un médico.
 
== Mamila nos machos ==
Desde a concepción e até a 14ª semana de [[xestación]], todos os fetos humanos teñen a mesma aparencia, independentemente do sexo. Despois deste período, os fetos xeneticamente machos comezan a producir [[hormonas]] masculinas, como a [[testosterona]]. Como a femia é o punto de partida básico, até a 14ª semana, as mamilas xa están formadas.
 
A partir de entón, as mamilas dos machos non se desenvolven. Aínda así, algúns poden presentar unha condición denominada [[xinecomastia]], na que se forman tecidos de graxa ao redor das mamilas, dándolles un aspecto similar ao peito feminino. Isto pode ocorrer sempre que os niveis de testosterona baixan, sexa pola toma dalgúns medicamentos, sexa por causas naturais, como o [[envellecemento]], [[obesidade]] ou [[puberdade]].
 
== ''Piercings'' ==
Os médicos alertan o perigo de furar as mamilas para colocar ''[[piercing]]''. Trátase dunha área moi sensíbel, podendo causar problemas futuros, principalmente na época da lactancia. O éxito dun ''piercing'' na mamila obriga a algúns coidados coa operación: material bio-compatíbel (Ouro, PTFE, titanio e nunca aceiro cirúrxico), nunca limpar con auga e sal como recomendan algúns "piercers" e contar cun tempo de cicatrización nunca inferior a uns 10 ou 12 meses. Dese modo é posíbel ter ''piercings'' nas mamilas sen maiores problemas.
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Auréola]]
* [[seo (anatomía)|Seo]]
* [[Lactancia materna]]
* [[Mamila invertida]]
 
{{Anatomía rexional}}
Liña 82:
[[simple:Nipple]]
[[sv:Bröstvårta]]
[[sw:Chuchu]]
[[tl:Utong]]
[[uk:Сосок]]