Comedia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: scn:Cummedia
Xoacas (conversa | contribucións)
incorporo contidos dende Comedia e traxedia + arranxos varios
Liña 1:
A '''comedia''' é un dos xéneros clásicos do [[teatro]] e del pasou a outras artes como o [[cine]] e a [[televisión]]. Caracterízase por manter un ton optimista, cun final feliz e sobre todo por ter elementos de humor ou de ironía.
 
== Historia ==
[[Aristóteles]], na súa ''Arte Poética'', para diferenciar comedia de [[traxedia]] di que esta última trata esencialmente de homes superiores (heroes) e a comedia fala sobre os homes inferiores (persoas comúns).
 
No [[século XX]] as liñas entre a traxedia e a comedia difumináronseesvaéronse un tanto. A fórmula clásica das traxedias que terminan con enterros deixan de ser certas. As obras de humor negro de moitos dramaturgos modernos como [[Samuel Beckett]], [[Harold Pinter]] ou [[Martin McDonagh]] poden ser simultaneamente cómicas e tráxicas.
 
== Características ==
Respecto ó [[contido]], na comedia plásmase a imperfección do home e o mundo cunha posibilidade de superación ou solución feliz. As figuras acostuman ser de categoría menor que as da traxedia.
 
Respecto ás funcións, a comedia mostra as limitacións do mundo e as debilidades do home procurando a diversión, mais sen esquecer a crítica individual e social.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
*[[Comedia grega antiga]]
*[[Humor]]
*[[Parodia]]
 
[[Categoría:Xéneros literarios]]