Enrique Tierno Galván: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
desambiguación e arranxiños
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 5:
Foi o primeiro en traducir o ''Tractatus'' de [[Ludwig Wittgenstein]] e realizou importantes achegas sobre a [[novela picaresca]], a [[novela histórica]] e a [[socioloxía]] de masas. Home moi culto, escribiu unhas interesantes ''Acotaciones a la historia de la cultura occidental en la Edad Moderna'' ([[1964]]) e traduciu a obra fundamental de [[Edmund Burke]], as ''Reflexiones sobre la Revolución Francesa''.
 
Foi procesado en [[1957]] polas súas actividades políticas. En agosto de [[1965]] foi expulsado da universidade por apoiar as protestas estudiantís en contra da ditadura franquista, xunto cos profesores universitarios [[José Luis López Aranguren]] e [[Agustín García Calvo]]. En [[1966]] trasládase aos [[USA|Estados Unidos]] onde foi profesor na [[Universidade de Princeton]] ([[1966]]-[[1967]]). Afiliado ó [[PSOE]] (Partido Socialista Obrero Español) na clandestinidade, e expulsado despois por diferenzas doutrinais, ó voltar a [[España]], en [[1968]], funda o [[Partido Socialista del Interior]] (PSI), que posteriormente, en [[1974]], pasou a chamarse [[Partido Socialista Popular (España)|Partido Socialista Popular]] (PSP). Ese mesmo ano, xunto ó [[Partido Comunista de España]] (PCE), o [[Partido del Trabajo de España]] (PTE), o [[Partido Carlista]] (PC) e numerosas personalidades independentes, formaría a [[Xunta Democrática de España]] (XDE).
 
Morto [[Francisco Franco]] en [[1975]], ó ano seguinte foi reposto na súa cátedra. Nas primeiras eleccións democráticas, o [[15 de xuño]] de [[1977]], obtivo a acta de deputado por [[Madrid]], nas listas do PSP (o PSP obtivo en ditas eleccións seis deputados), pero rematou por integrar o seu partido no PSOE, do que foi elixido presidente de honra (abril de [[1978]]). Nas primeiras eleccións municipais da democracia (abril de [[1979]]) preséntase á alcaldía de [[Madrid]]. Aínda que o seu partido non é o máis votado (foi a [[UCD]]), unha coalición co PCE dálle a alcaldía. É reelixido, tamén co apoio do PCE nas eleccións de maio de [[1983]]. Permaneceu no cargo ata o seu pasamento en xaneiro de [[1986]]. Durante os case que sete anos de mandato, levou a fin importantes reformas, alcanzando unha grande popularidade. Escribiu un interesante libro de memorias, ''Cabos sueltos'' (1981), nunha prosa culta e irónica excelente. Porén, os seus adversarios acusárono de desfigurar a súa propia traxectoria.
Liña 27:
Ademais foi o encargado de redactar o preámbulo da [[Constitución española de 1978]].
 
[[Categoría{{DEFAULTSORT:Personalidades da política|Tierno GalvánGalvan, Enrique]]}}
[[Categoría:Personalidades da política]]
 
[[ca:Enrique Tierno Galván]]