Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Resorte»

==[[Sabela II]]==
Troquei ''Sabela'' por ''Isabel''. Sabela é unha variante do nome de Isabel. O seu emprego neste caso fai totalmente irrecoñecible ó personaxe. É o mesmo que ó bíblico ''David'' chamarlle ''Dauli'' ou ''Davide'' (non procede). Ademais, na bibliografía galega é Isabel II--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 12:36, 26 agosto 2006 (UTC)
 
== [[:Image:Ourense.jpg]] ==
 
Ola {{PAGENAME}}, grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.
 
Paso a explicarche os datos que fan falla e como incorporalos
 
'''¿Que debes indicar?'''
 
De onde procede a imaxe
 
::*Se a imaxe é dunha páxina Web, é obrigado colocar un enlace (ligazón) ao lugar exacto do que se recolle a imaxe. Sexa cal for a orixe dunha imaxe, en devandita orixe ten que poñer que se permiten as obras derivadas e o uso comercial. Se no sitio web non aparecen expresos estes conceptos a imaxe poderá ser borrada por violación dos dereitos de autor.
 
::* se a imaxe é da túa propia autoría, indícao claramente (escribe ''elaboración propia'', ''eu son o autor''...). Se o obxecto que fotografías ten os dereitos de autor restrinxidos (portada dun CD, de libros, programas de tele, pósters,...), a túa foto tamén ten eses dereitos restrinxidos (Tes máis información en [[:Commons:Obras derivadas]]) e non se pode subir á Galipedia.
 
::* se a copiaches doutra Wikipedia, coloca un enlace exacto á páxina da imaxe orixinal. Non abonda con dicir que a imaxe se tomou doutra Wikipedia; é necesario indicar o lugar exacto. Ten en conta tamén que algunhas outras Wikipedias, como a inglesa, admiten imaxes baixo a cláusula de [[:en:fair use|fair use]] que aquí non son aceptables por cuestións legais.
 
¿Cal é a licenza da imaxe? ('''Isto xa o fixeches''')
 
::*Se ti fixeches a imaxe, e non é unha [[:Commons:Obras derivadas|obras derivadas]], debes utilizar unha das admitidas e expresadas en [[Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe]], por exemplo <nowiki>{{GFDL-propia}}</nowiki> ou <nowiki>{{PD-propia}}</nowiki>.
 
::Se é unha obra derivada doutra imaxe ou foto, é posible que teñas que poñer a mesma licenza que tiña a imaxe orixinal.
 
::*No caso de que sexa copiada dalgún sitio, debes poñer a licenza que nese sitio tiña. Se non sabes a licenza que ten no lugar orixinal, pregúntame indicándome a orixe.
 
Todas as imaxes que se soben á Galipedia e a [[:Commons:Category:Galicia|Commons]] deben permitir a realización de [[:Commons:Obras derivadas|obras derivadas]] e o uso comercial. Pero hai máis matices, por iso é polo que hai varias posibles licenzas. A licenza <nowiki>{{PD}}</nowiki> coloca a imaxe no dominio público sen restricciones. En poucas palabras, a licenza <nowiki>{{GFDL}}</nowiki> obriga a que, se se utiliza a imaxe se nomeen os datos que esta ten (autor, lugar de onde se obtivo,...).
 
'''¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?'''
 
::*Accede ás túas fotos.
 
::*Unha vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
 
::*Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Recorda que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses (<nowiki>{{PD}}</nowiki>,...)
::*Garda a páxina
 
'''¿Como indicalo cando vas subir unha imaxe?'''
 
No momento da subida hai unha caixa na cal podes escribir que pon ''Descrición''. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto
 
A cousa como ves non é doada. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dúbida. Un cordial saúdo.--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 10:43, 27 agosto 2006 (UTC)
40.228

edicións