Diferenzas entre revisións de «Escola de Tradutores de Toledo»

m
sen resumo de edición
m
{{Sen referencias}}
[[Ficheiro:KathedraleToledo.jpg|thumb|250px|Catedral de [[Toledo]]]]
A denominación '''«Escola de tradutores de Toledo»''' emprégase para designar na historiografía, desde o [[século XIX]], os distintos procesos de traslación e interpretación de textos clásicos [[Grego|greco]]-[[latín|latino]]s alexandrinos, que foran vertidos ao [[Lingua árabe|árabe]] ou ao [[hebreo]], á lingua latina servíndose do [[romance]] castelán ou [[lingua castelá|español]] como lingua intermedia, ou directamente ás emerxentes «linguas vulgares», principalmente ao español. A conquista en [[1085]] de [[Toledo]] e a tolerancia que os reis casteláns cristiáns ditaron con mahometanos e xudeus facilitaron este comercio cultural que permitiu o renacemento filosófico, teolóxico e científico primeiro de [[España]] e logo de toda o occidente cristián.
 
== Historia e características ==
No [[século XII]] a «Escola de tradutores de Toledo» verteu principalmente textos filosóficos e teolóxicos (Domingo Gundisalvo interpretaba e escribía en latín os comentario de [[Aristóteles]] que o xudeu converso Juan Hispano lle traducía ao español, no que se entendían). Na primeira metade do [[século XIII]] esta actividade mantívose. Por exemplo, reinando [[Fernando III de Castela|Fernando III]], rei de [[Castela]] e de [[Reino de León|León]], compúxose o ''«Libro dos Doce Sabios»'' ([[1237]]), resumo de sabedoría política e moral clásica pasada por mans «orientais». Na segunda metade do [[século XIII]] o Sabio rei-emperador [[Afonso X]] (rei de Castela e de León, en cuxa corte se compuxo a primeira «''Crónica Xeral de España''») institucionalizou en certa maneira en Toledo esta «Escola de tradutores», centrada sobre todo en verter textos [[Astronomía|astronómicos]] e médicos.
 
Por iso é grave anacronismo atribuír só a «Escola de tradutores de Toledo» ao período afonsí: Como se explica a posibilidade dun [[Tomé de Aquino|San Tomás de Aquino]] sen o labor reallizadorealizado polos «tradutores» españois do [[século XII]]?
 
Tamén se incorre en confusión ao querer equiparar traducións realizadas noutros lugares ao núcleo vertebrador triunfante que representa Toledo. Sería ridículo supor que toda a traslación do legado clásico alexandrino pasara por mans «toledás», pois mecanismos similares producíronse noutros sitios, mais disolver o significado e a importancia da tarefa realizada en Toledo só pode entenderse desde unha vontade anacrónica de exaltar certas independencias culturais de moita menor influencia, e en todo caso incomparábeis ao curso triunfante que callou en Toledo, momento importante da consolidación e expansión definitiva da lingua española.
Coñecemos algúns nomes de tradutores: o segoviano [[Domingo Gundisalvo]], que traducía ao latín desde a versión en lingua vulgar do xudeu converso sevillano [[Juan Hispalense]], por exemplo. Grazas ás súas traducións de obras de astronomía e astroloxía e doutros opúsculos de [[Avicena]], [[Algazel]], [[Avicebrón]] e outros, chegaron a Toledo desde toda Europa sabios desexosos de aprender ''in situ'' deses marabillosos libros árabes. Estes empregaban xeralmente como intérprete algún [[mozárabe]] ou xudeu que vertía en lingua vulgar ou en latín bárbaro as obras de [[Avicena]] ou [[Averroes]]. Entre os ingleses que estiveron en Toledo cítanse os nomes de [[Roberto de Retines]], [[Adelardo de Bath]], Alfredo e Daniel de Morlay e [[Miguel Scoto]], a quen serviu de intérprete Andrés o xudeu; italiano foi [[Xerardo de Cremoa]], e alemáns [[Hermann o Dálmata]] e [[Herman o Alemán]]. Grazas a este grupo de autores os coñecementos árabes e algo da sabedoría grega a través destes penetrou no corazón das universidades estranxeiras de Europa. Como froito secundario desa tarefa, a lingua castelá incorporou un numeroso [[léxico]] científico e técnico, frecuentemente [[arabismo]]s, civilizouse, axilizou a súa sintaxe e fíxose apto para a expresión do pensamento, chegando á [[norma]] do chamado "castellano drecho" afonsí.
 
== Véxase tamén ==
===Bibliografía===
 
*Fernando Gómez Redondo, ''Historia de la prosa medieval castellana''.Madrid, Cátedra, 1998, 2 vols.
 
*Ángel González Palencia, ''Don Raimundo y los traductores de Toledo'', Madrid, 1942.
 
[[Categoría:Tradutoloxía]]
 
[[Categoría:Tradutores de España]]
 
43.794

edicións