Diferenzas entre revisións de «Airbus A320»

arranxiños
m (r2.7.1) (bot Engadido: eo:A320)
(arranxiños)
Despois do éxito do [[Airbus A300|A300]], [[Airbus]] comezou a desenvolver un novo modelo destinado a substituír ao avión máis popular no mundo no momento, o [[Boeing 727]]. O novo Airbus debería ter o mesmo tamaño, e ofrecer un avión máis económico de operar e que permitise varias configuracións de pasaxeiros. A tecnoloxía dixital do A320 superaba con moito á tecnoloxía analóxica do [[Boeing 727|727]], e tamén estaba por riba das series 300, 400 e 500 do [[Boeing 737]]. O A320 foi elixido por moitas aeroliñas como o substituto das súas frotas de [[Boeing 727|727]] e das primeiras variantes do [[Boeing 737|737]].
 
O A320 foi unha evolución do estudio JET (Joint European Transport) que comezou en xuño de [[1977]] baseado na entón sede de BAe (antigamente Hawker Siddeley) en Weybridge, Surrey, [[Reino Unido]]. O equipo de Hawker Siddeley producira previamente un deseño chamado HS.134 "Airbus" en [[1965]], unha evolución do HS.121 (anteriormente DH.121) Trident, que compartía moitas das características xerais do posterior deseño do estudio JET3. O nome "Airbus" nese momento referíase a un requerimentorequirimento da aeroliña o [[BEA]], e non ao posterior programa internacional.
 
Xunto a BAe (que nesa época non formaba parte de [[Airbus]]) estaba MBB, Fokker-VFW e Aérospatiale. O deseño do estudio JET que saiu adiante foi o JET2 (163 pasaxeiros), e que posteriormente se convertiríaconvertería na serie Airbus S.A1/2/3, antes de recibir o nome A320 en [[1984]].
 
Despois do aumento de prezo do petroleopetróleo dos anos 70, [[Airbus]] precisaba minimizar os custes nos gastos de combstiblecombustible do A320. Para este fin, incorporou avanzadas características como os controis ''[[fly-by-wire]]'', estructurasestruturas primarias feitas en materiais compostos, control do centro de gravidade usando a distribución do combustible, sistema electronicoelectrónico de instrumentos de voo e unha cabina con só dúas persoas. O resultado final foi que o A320 consumía un 50% menos de combustible que o [[Boeing 727|727]].
[[File:British Airways A320-100 G-BUSB.jpg|thumb|250px|A320-100 de [[British Airways]]]]
== Variantes ==
 
=== A320-100 ===
Foi a versión orixinal e só se construironconstruíron un 20, xa que a serie 200 superaba con creces as súas prestacións. O avións fabricados entregáronse aos clientes lanzadores do modelo: [[Air France]], [[Air Inter]] (heredadosherdados despois por Air France) e [[British Airways]], que absorveraabsorbera pouco antes a [[Caledonian Airways]], a compañía que os encargara en realidade. British Airways retirou e desguazou todos os avións da serie 100, polo que Air France é a única aeroliña que opera aínda con eles.
 
=== A320-200 ===
52.634

edicións