Psicolingüística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 5:
 
== Historia e características ==
Esta disciplina analiza calquera proceso que teña que ver coa comunicación humana mediante o uso da linguaxe (sexa esta a que sexa, oral, escrita, etc.). A grandes trazos, os procesos psicolingüísticos máis estudados poden dividirse en dúas categorías: os ''procesos de codificación'' (produción da linguaxe), e os ''procesos de decodificación'' (comprensión da linguaxe). Os primeiros analizan a [[codificación]], os procesos que posibilitan a formación de oracións gramaticalmente correctas partindo do [[vocabulario]] e das [[gramática|estructurasestruturas gramaticais]]. Os segundos estudan a [[decodificación]], as estruturas psicolóxicas que nos capacitan para entender expresións, palabras, oracións e textos. A comunicación humana pode considerarse unha continua fase de percepción-comprensión-produción. A riqueza da linguaxe fai que dita secuencia se desenvolva de varias formas. Así, dependendo da modalidade visual ou auditiva do estímulo externo, as etapas sensoriais en percepción serán diferentes. Tamén existe variabilidade na produción da linguaxe, e así podemos falar, xesticular ou expresarnos coa escritura. Finalmente, o acceso ao significado varía segundo se a unidade de información considerada é unha palabra, unha oración ou un discurso.
 
Outras áreas da psicolingüística analizan temas como a orixe da linguaxe no ser humano (natural vs. cultura), o modo en que a xente aprende unha segunda lingua, así como os procesos de adquisición lingüística na infancia. Segundo [[Noam Chomsky]], máximo expoñente da escola [[xenerativismo|xenerativista]], os humanos teñen innata una [[gramática universal]] (concepto abstracto que abarca todas as linguas humanas). Os [[funcionalismo|funcionalistas]], que se opoñen a esta tese, afirman que a linguaxe tan só se aprende mediante o contacto social. Porén, está probado cientificamente que todo ser humano que non padeza ningunha enfermidade que o impida, ten a innata capacidade de aprender linguas, sempre e cando estea exposto a elas durante un período de tempo suficiente. Este período de tempo exténdese considerablemente despois da pubertade, polo que un neno pode aprender axiña calquera lingua, mentres que un adulto pode necesitar anos para aprender unha segunda ou terceira lingua. Tamén parece probado que cantas máis linguas se sabe, resulta máis sinxelo aprender outra.