Jesús Franco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Recat.
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 13:
Pronto aplicou a súa experiencia e os seus coñecementos, e así realizou a súa primeira longametraxe: ''Tenemos 18 años'' (1959), pero non foi ata 1962, coa famosa ''Gritos en la noche'', cando conseguiu un certo éxito. Outras películas da época son ''La muerte silba un blues'' (1962), ''La mano de un hombre muerto'' (1962) ou ''Rififí en la ciudad'' (1963).
 
Aclamado polos fans do xénero de terror, que empezou a cultivar con bastante frecuencia, converteuse axiña nun inimigo da dictaduraditadura. Porén, as boas críticas recibidas polos seus traballos naquela época, materializáronse en axuda económica para poder continuar coa labor. Exiliouse e continuou traballando no estranxeiro.
 
Non lle faltaron productores fóra de España, e non só para as súas incursións no xénero de terror, xa que tamén tocou todo tipo de xéneros: comedia, drama, musical e mesmo o porno. En 1965 traballou como director de unidade secundario para [[Orson Welles]] en ''Campanadas a medianoche'', co que repetiría nos proxectos inacabados ''La isla del tesoro'' e ''Don Quijote''. Pero foi en 1967 cando gañou o clamor do público a nivel internacional, coa súa película ''[[Necronomicon]]'', que foi presentada no [[Festival Internacional de Cine de Berlín|festival de Berlín]].