Grupos Antiterroristas de Liberación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 22:
===O xuizo de Amedo y Domínguez===
 
En xaneiro de 1988 a Sala do Penal da [[Audiencia Nacional]] encontrou indicios delitivos na actuación do subcomisario [[José Amedo]], quen fora implicado nos asasinatos do GAL nun xuízo celebrado en [[Lisboa]] por uns mercenarios portugueses que aseguraban ser contratados polo subcomisario para atentar contra etarras no sur de [[Francia]]. O xuíz da Audiencia Nacional [[Baltasar Garzón]] fíxose cargo das investigacións, descubrindo segundo un informe do Ministerio de Interior que as viaxes de Amedo a [[Portugal]] en 1986 foron de carácter oficial e pagados con fondos reservados do Estado. En xullo do mesmo ano Garzón dictouditou prisión incondicional para Amedo e o inspector Michel Domínguez como presuntos organizadores dos GAL, quen foron procesados en xuño de 1989 pola Audiencia Nacional e condenados o 20 de setembro do mesmo ano a 17 anos, 4 meses e 1 día de prisión por cada un dos seis asasinatos frustrados nos que participaron como autores por indución, cinco deles no atentado ao bar "Batxoki", de [[Bayonne]] (Francia) e o sexto no bar "A Consolation", de [[San Juan de Luz]]. Tamén recibiron penas menores polos delitos de asociación ilícita e de falsidade de documentos de identidade. O tribunal preferiu a tipificación do delito de asociación ilícita ao de integración na banda terrorista, o que coincidía coa tese do Ministerio do Interior que contemplaba os GAL como "grupos de delincuentes inconexos entre si" e non coma terroristas. O fallo indicaba que non foi posible determinar a estrutura interna, a escala xerárquica nin as fontes de financiamento dos GAL, co que quedaba en suspenso a identidade dos xefes superiores dos dous axentes nesta trama.
 
O avogado defensor dos policías considerou que o tribunal vulnerara «de xeito claro e rotundo o principio de presunción de inocencia». Doutra banda, o avogado da acción popular presentada pola Asociación contra a Tortura criticou a sentenza, especialmente o rexeitamento do tribunal a condenar aos acusados por integración en banda terrorista.