Monotelismo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 3:
==O debate==
O gran impulsor desta doutrina foi o [[Patriarca de Constantinopla]] [[Serxio I,
O emperador reaccionou con contundencia e non dubidou en torturar e exiliar ao Papa [[Martiño I]] e en mutilar ao célebre teólogo [[Máximo o Confesor]]. Estes consideraban que o monotelismo supuña cuestionar a plena humanidade do home Xesús e, polo tanto, a plena comuñón entre a divinidade do [[Logos]] e o [[corpo humano]] e a [[alma]] humana de Cristo coas súas potencias humanas de [[memoria]], [[entendemento]] e [[vontade]]. Entendían que a integridade de Xesús como home, incluída a súa vontade, formaba parte esencial da fe apostólica transmitida dende un principio polas primeiras testemuñas e que así fora gardada polos [[Pais da Igrexa]]. A querenza popular por estes personaxes en boa parte da cristiandade non fixo máis que reafirmar a división. A cuestión non se arranxou ata a convocatoria do derradeiro concilio ecuménico: [[III Concilio de Constantinopla]] (680-681) onde se retomou a fe nas dúas vontades e se condenou ao papa xa finado [[Honorio]] como herexe.
|