Monotelismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Modificado: hu:Monothelétizmus
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 3:
==O debate==
 
O gran impulsor desta doutrina foi o [[Patriarca de Constantinopla]] [[Serxio]], quen conseguiu que o [[Patriarcado de Alexandría]] (copto), no [[633]] e a [[Igrexa Apostólica Armenia]], no [[634]], ámbalas dúas de crenza monofisita, aceptasen a doutrina. Alarmado, o [[Patriarca de Xerusalén]] [[Sofronio]] dirixiu unha carta ao Papa [[Honorio]], quen, nembargantes, deu a razón aos monotelistas. Isto animou ao emperador [[Heraclio]] a dictarditar con carácter oficial unha profesión de fe monotelista: a [[Ectesis]], no [[638]]. Este documento levantou airadas protestas en boa parte do pobo fiel, carismáticos predicadores e teólogos, que conseguiron que o novo Papa convocase un sínodo e proclamase as dúas vontades, correspondentes as dúas naturezas de Cristo.
 
O emperador reaccionou con contundencia e non dubidou en torturar e exiliar ao Papa [[Martiño I]] e en mutilar ao célebre teólogo [[Máximo o Confesor]]. Estes consideraban que o monotelismo supuña cuestionar a plena humanidade do home Xesús e, polo tanto, a plena comunióncomuñón entre a divinidade do [[Logos]] e o [[corpo humano]] e a [[alma]] humana de Cristo coas súas potencias humanas de [[memoria]], [[entendemento]] e [[vontade]]. Entendían que a integridade de Xesús como home, incluída a súa vontade, formaba parte esencial da fe apostólica transmitida dende un principio polas primeiras testimuñastestemuñas e que así fora gardada polos [[Pais da Igrexa]]. A querenciaquerenza popular por estes persoaxespersonaxes en boa parte da cristiandade non fixo máis que reafirmar a división. A cuestión non se zanxouarranxou ata a convocatoria do derradeiro concilio ecuménico: [[III Concilio de Constantinopla]] (680-681) onde se retomou a fe nas dúas vontades e se condenou ao papa xa finado [[Honorio]] como herexe.
 
==Consecuencias==
O fracaso do monotelismo supuxo:
 
* a consolidación da separación das igrexas monofisitas non calcedonianas: a Igrexa Siríaca, a Igrexa Ortodoxa Copta e a Igrexa Apostólica ArmaniaArmenia. Para elas o dogma proclamado polas Igrexas de Roma e Constantinopla era unha volta ao [[nestorianismo]] condenado no [[Concilio de Éfeso]] e afirmaba unha dualidade en Cristo. A [[Igrexa Etíope Tewahedo]] é da mesma opinión.
 
* a supremacía do Concilio ecuménico sobre os Papas ata o punto de lanzarse un [[anatema]] e condenarse como [[herexe]] a un deles: Honorio. Este será no futuro un argumento polémico fronte aos que defenden a infalibilidade do Papa en cuestións dogmáticas.