Diferenzas entre revisións de «Triángulo»

m (r2.7.1) (bot Engadido: lmo:Triàngol)
 
Tamén se pode definir un triángulo en superficies xerais, sendo diferentes as súas propiedades. Se está contido nunha superficie [[esfera|esférica]] denomínase [[triángulo esférico]]. Na [[cartografía]], representando a superficie terrestre, denomínase [[triángulo xeodésico]].
 
== Notación ==
[[Ficheiro:Triangle.Labels.svg|250px|thumb|Un exemplo de triángulo ''ABC'']]
Cómpre ter unha fórmula estándar para definir un triángulo.
Aos [[punto (xeometría)|puntos]], pois tense o costume de designalos con letras latinas maiúsculas, e así, nun triángulo, os vértices son '''''A''''', ''''' B''''' e '''''C'''''. Daquela, con isto, un triángulo defínese empregando os seus vértices e así temos o triángulo '''''ABC'''''. Nótese, que por ser triángulo, dá igual a orde en que poñamos os puntos, pois vai coincidir sempre co trazado do seu perímetro, cousa que non pasa cos outros polígonos, onde para definilos ben hai que ter en conta o percorrido que fai o seu perímetro.
 
Os lados do triángulo anótanse, como calquera segmento, indicando os extremos: '''''AB''''', '''''BC''''' e '''''AC''''' ou '''''CA'''''. Para designar o valor da lonxitude do segmento, xeralmente, empregamos o nome do vértice oposto, converténdoo en minúscola, e así temos '''<math>a</math>''' para '''''BC''''', '''<math>b</math>''' para '''''AC''''' e '''<math>c</math>''' para '''''AB'''''.
 
Para os ángulos, como norma xeral, empréganse os segmentos que o conforman indicando cal é o vértice, por exemplo, '''''AB''''' e '''''BC''''', que comparten o punto '''''B''''', o ángulo é <math>\widehat{ABC} .\,</math>
Tamén se utiliza unha letra minúscula, habitualmente grega, algunhas veces cun acento circunflexo, para este labor, e nalgúns casos, pois empregase o vértice correspondente cun acento circunflexo. Seguindo o noso exemplo temos:
:<math>\widehat{\alpha} = \widehat{a} = \widehat{A} = \widehat{BAC} ,\ \widehat{\beta} = \widehat{b} = \widehat{B} = \widehat{ABC} ,\ \widehat{\gamma} = \widehat{c} = \widehat{C} = \widehat{ACB} \,</math>
<br style="clear:both" />
 
== Propiedades dos triángulos ==
* A superficie ou '''[[área''']] calcúlase pola fórmula <math>A = \frac{b * h}{2}</math> onde ''b'' é a lonxitude dun lado (a base) e ''h'' a altura respecto dese lado.
 
* A suma das lonxitudes de dous dos seus [[ángulo]]s é sempre maior ca do terceiro lado.
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Trigonometría]]
* [[Triángulo de Sierpinski]]
 
Usuario anónimo