Mikhail Botvinnik: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Categoría
m algo máis
Liña 13:
}}
 
'''Mikhail Moiséyevich Botvínnik''' (en [[ruso]], '''Михаил Моисеевич Ботвинник'''), transliterado tamén como '''Mikhail Botvinnik''', nado en [[Repino]] ([[Leningrado]]) o [[17 de agosto]] de [[1911]] e finado o [[5 de maio]] de [[1995]], foi un [[Gran Mestre Internacional]] e [[Campionato do mundo de xadrez|Campión do Mundo]] de [[xadrez]] [[Rusia|ruso]].
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Capablanca-Botvinnik 1936.jpg|thumb|esquerda|250px|José Raúl Capablanca contra Mikhail Botvinnik en [[1936]]]]
 
Comezou a ser coñecido ao derrotar ao campión mundial [[José Raúl Capablanca]] nunha exhibición de partidas simultáneas. Progresou rapidamente e aos 20 anos, en [[1931]], cando xa era un Mestre Soviético, gañou o seu primeiro campionato da [[URSS]]. Volveu logralo en [[1933]], [[1939]], [[1941]], [[1945]] e [[1952]]. Obtivo un diploma universitario de [[Enxeñería]]. As súas grandes habilidades analíticas convertérono nun dos primeiros estratexas a gran escala do xadrez debido á súa enorme capacidade para estudar e planificar partidas.
 
Aos 24 anos de idade, Botvínnik atopábase na elite mundial do xadrez, gañando os máis importantes torneos da época. Foi vencedor, xunto con [[Salomon Flohr|Salgo Flohr]], en [[Moscova]] en [[1935]], por diante de [[Emanuel Lasker]] e Capablanca. Gañou tamén, xunto con Capablanca, en [[Nottingham]] en [[1936]], e empatou no terceiro posto, trás [[Reuben Fine]] e [[Paul Keres]], no prestixioso torneo AVRO de [[1938]], onde competiron os 8 xogadores máis fortes do momento.