Historia do Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 47:
==Reino Unido==
=== Lei de Unión (1800) ===
[[Ficheiro:Flags of the Union Jack - Galician.svgpng|thumb|right|250px|A bandeira de [[Gran Bretaña]] é unha mestura das bandeiras de [[Escocia]], [[Inglaterra]] e [[Irlanda]]]]
As invasións dende Inglaterra polos normandos en [[1170]] desencadearon séculos de loitas e enfrontamentos en Irlanda. Sucesivos Reis de Inglaterra presenciaron tanto a conquista coma o saqueo de Irlanda, impoñendo o seu goberno pola forza na illa enteira. A comezos do [[século XVII]], iniciaron un grande asentamento na provincia irlandesa do [[Úlster]] colonos protestantes dende Escocia e Inglaterra, que provocou o desprazamento de moitos dos católicos irlandeses nativos desta parte de Irlanda. Dende tempos dos primeiros invasores normandos dende Inglaterra, Irlanda foi obxecto de control e regulación, ao primeiro por Inglaterra e nos últimos tempos por Gran Bretaña.