Fronte Popular (España): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: it:Fronte Popolare (Spagna); cambios estética
Liña 1:
A '''Fronte Popular''' foi unha histórica [[coalición electoral]] creada en xaneiro de 1936 polos principais partidos de centro-esquerda de [[España]]. O 16 de febreiro logran a vitoria nas últimas eleccións democráticas durante a [[Segunda República]], antes do golpe de estado que produciría a [[guerra civil]].
 
== A coalición de esquerda-nacionalista ==
Liña 8:
A coalición entre socialistas, comunistas e nacionalistas republicanos tiña un programa reformista, como a defensa das reformas sociais do primeiro goberno de 1931, que estaban sendo paralizadas ou eliminadas polo posterior goberno conservador. Tamén xurdía como resposta para pedir a liberación dos detidos e sometidos a proceso por responsabilidades nos feitos acontecidos durante a [[Revolución de 1934|Revolución de Asturias]] en 1934, e ante o avance en Europa do [[nazismo]] de [[Hitler]] e o [[fascismo]] de [[Mussolini]]. Nese momento tamén en [[Francia]] gobernaba a [[Fronte Popular (Francia)|Fronte Popular Francesa]].
 
== Resultado das eleccións ==
 
As eleccións do 16 de febreiro tiveron lugar con relativa calma malia a crispación progresiva dos anos anteriores. Mobilizáronse aproximadamente uns 34.000 [[Garda Civil|gardas civís]] e 17.000 [[Garda de Asalto|gardas de asalto]] que velaban pola seguridade. Os resultados, presentados o día 20, foron:
 
[[Censo]]: 13.553.710 electores
* Votantes: 9.864.783 (72%)
* Fronte Popular: 4.654.116 (34,3%)
* Fronte Nacional: 4.503.505 (33,2%)
* Centro: 400.901 (5,4%)
* [[PNV]]: 125.714
 
Os principais partidos conservadores e monárquicos, aglutináronse como resposta na [[Fronte Nacional (España)|Fronte Nacional]] (en [[Cataluña]], Fronte de Orde ou [[Front d'Ordre]]) liderados polo partido gobernante da [[CEDA]] de [[José María Gil Robles]], insistían en identificar á Fronte Popular como un pacto revolucionario [[bolxevique]] que liquidaría a nación fronte ás disputas rexionalistas ou as influencias da nova potencia comunista, a [[URSS]]. Porén, un detalle pouco importante como as discrepancias de [[José Antonio Primo de Rivera]], líder do pequeno partido [[Falange Española de las JONS (1934)|Falange Española]], con Gil Robles, será transcendente no futuro.
Liña 26:
 
Fronte Popular:
* PSOE: 88 deputados
* IR: 79 deputados
* UR: 34 deputados
* ERC: 22 deputados
* PCE: 14 deputados
* [[Acció Catalana]]: 5 deputados
* [[ORGA]]: 3 deputados
* Outros: 18 deputados
 
Fronte Nacional:
* CEDA: 101 deputados
* [[Comunión Tradicionalista]]: 15 deputados
* [[Renovación Española]]: 13 deputados
* [[Partido Agrario (España)|Partido Agrario]]: 11 deputados
* Independentes dereitistas: 10 deputados
* Conservadores: 2 deputados
* Monárquicos independentes: 2 deputados
* [[Partido Nacionalista Español]]: 1 deputado
* Católicos: 1 deputado
 
Partidos de centro:
* [[Partido do centro]]: 21 deputados
* [[Lliga Regionalista]]: 12 deputados
* [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]]: 9 deputados
* Progresistas: 6 deputados
* [[PNV]]: 5 deputados
* Demócratas Liberais: 1 deputado
 
Cabe destacar o gran avance do PCE, escisión do PSOE anos atrás, que acadara o seu primeiro deputado por [[Provincia de Málaga|Málaga]] en 1933, e que agora contaba cun gran protagonismo na Fronte Popular, Así mesmo, foi importante a desfeita do Partido Radical do republicano [[Alejandro Lerroux]] polo escándalo do [[estraperlo]].
Liña 58:
O triunfo electoral da Fronte Popular, malia que tivo unha escasa marxe, gozou de gran repercusión en España e en gran parte de Europa. Moitos xa miraban a España como o primeiro enfrontamento, que logo sería a escala global, do fascismo contra as principais potencias democráticas e os emerxentes movementos revolucionarios, sobre todo o [[comunismo]].
 
== A fin do goberno e o comezo da ditadura ==
 
O fracaso electoral dos conservadores, como xa pasara coa esquerda tralo seu fracaso nas eleccións de 1933, deu resultado a un doloroso fracaso e aumentou a radicalidade do discurso. Uns 15.000 afiliados nas mocidades da CEDA únense á Falanxe. Agora o novo líder dos conservadores será [[José Calvo Sotelo]]. A espiral de violencia progresiva promovida tanto polos partidos esquerdistas como por Falanxe e o seu líder José Antonio, fan que este se vexa arbitrariamente privado de inmunidade parlamentaria e detido, e as oficinas de Falanxe clausuradas. Pero isto non frea a xa caótica situación. A violencia era agora o método para impor o discurso, tanto nas cidades como no rural.
Liña 70:
O 18 de xullo prodúcese o intento de [[golpe de estado]], nun principio liderado polo xeneral Mola —que asinaba como «el Director»—, apoiado por algúns sectores de Falanxe pese á oposición explícita de José Antonio e os carlistas. Entre os xenerais estaba o xeneral novo [[Francisco Franco]] que posteriormente se fai co poder dos rebeldes. Co fracaso do golpe de estado na maior parte do país, e o apoio imprescindible das potencias fascistas europeas iníciase a última [[guerra civil española]]. Coa división das distintas organizacións moderadas e esquerdistas, enfrontadas acotío entre si e a ausencia de axuda por parte do resto de nacións democráticas ante o temor, logo real, de provocar a [[Segunda Guerra Mundial]], o goberno electo debe abandonar o país. Franco, nunha longa [[ditadura]] persoal, instálase no poder ata a súa morte en 1975.
 
== Véxase tamén ==
 
[[República española no exilio]].
Liña 84:
[[eu:Fronte Popularra (Espainia)]]
[[fr:Front populaire (Espagne)]]
[[it:Fronte popolarePopolare (Spagna)]]
[[ja:スペイン人民戦線]]
[[ko:인민 전선 (스페인)]]