Jeet Kune Do: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: ast:Jeet Kune Do
Xoacas (conversa | contribucións)
m +Lig. int.
Liña 7:
Foi creada por Bruce Lee entre os anos 1960 e 1973 aínda que nun principio estivo baseada no [[Wing Chun]] (esta interpretación pode verse como unha referencia ó principio do Wing Chun de simultánea defensa e contraataque), o Jeet Kune Do, primeiramente chamado "Jun Fan Gung Fu" (chinés: 振藩功夫; cantonés: Janfàan Gūngfū; pinyin: Zhènfán Gōngfū. Literalmente: "O Kung Fu de Bruce Lee") é un método de combate novo.
 
Jeet Kune Do non é [[Kung Fu]] [[China|chinés]] tradicional. É o resultado da investigación e a "fusión" de Wing Chun, o [[boxeo occidental]], a [[esgrima]] e de técnicas novas e propias que buscan a efectividade ante todo. Pero o mestre Lee morreu xoven en [[1973]], sen poder deixar unha comprensión completa da súa arte. Porén, abriu o camiño á superación a varias xeracións coa súa forma de pensar, convertíndoseconverténdose no mellor loitador e especialista en artes marciais.
 
De todos modos o mestre Bruce Lee reflexaba en todas e cada unha das súas películas a súa peculiar arte de combate, o Jeet Kune Do, quedando así gardadas algunhas das súas técnicas nestas e no seu libro, no que demostraba a través de fotografías este estilo tan técnico como efectivo.
Liña 14:
Lee defendía o ''Jeet Kune Do'' como unha filosofía alén das artes marciais: ''"O arte do Jeet Kune Do é sinxelamente o de simplificar. Favorecer a carencia de forma para poder asumir tódalas formas", "Usándoa no camiño como camiño e a non limitación como limitación"''.
 
O feito de que o fundador do ''Jeet Kune'', Bruce, estudara [[filosofía occidental]] na [[Universidade de Washington]] e á vez exercera como profesor de [[filosofía chinesa]], expoñen a súa personalidade e traxectoria como froito deste coñecemento aplicado ás artes marciais, o cal esta intimamente vencellado ás súas raíces. As bases chinesas [[Confucianismo|confucionistasconfucianistas]] (Deus é a humanidade e a finalidade do pensamento a harmonía da vida) e as bases do [[taoísmo]] (unha forma de ver o mundo e de vivir integrada en harmonía coa natureza); O símbolo do taoísmo é a [[auga]]; o distintivo é o [[ying-yang]]; a [[flexibilidade]] é o concepto fundamental do [[Tao]]. Disciplinas como o [[jiu-jitsu]], que consiste en aproveitar o impulso do adversario para desvialo no momento oportuno e derrotalo coa sua propia forza baséanse no taoísmo.
 
Nestas mentalidades chinesas, as cousas cotiás e insignificantes adoitan ter un significado moi profundo.
 
O Jeet Kune Do é simple, directo e "non clásico": [[Bruce Lee]] desenvolveu o concepto único das artes marciais para cada persoa, xa que un non se ten que axustar ó Jeet Kune Do, senón que debe axustar a arte a un mesmo. Pode ser calquera cousa menos estática e, se cadra debido a isto, unha das principais características do Jeet Kune Do é a constante evolución, e a frase de Lee "O non-límite como límite" que rixe ós seus practicantes. O proceso de aprendizaxe do Jeet Kune Do é de seu un proceso de "desaprendizaxe", é simplificar, é evitar posicionsposicións anatomicamente incorrectas e filosofías pragmaticamente equívocas, é centrarse na loita e non ver alén do combate en si para non perder o obxectivo: gañar e sobrevivir.
 
Os 3 piares do Jeet Kune Do son a [[velocidade]], a [[aliñación]] e o [[desprazamento]]. Efectividade, e o "Golpeo e ti non me tocas" como tradución de "Jeet Kune Do", ou "Puño que Intercepta". É dicir, evitar que o ataque do contrario xurda efecto.
Liña 41:
== O arsenal ==
[[Bruce Lee]] dixo:
 
{{Cita|A bagaxe técnica do Jeet Kune Do é moi ampla, tan ampla como a túa imaxinación cho permita, recorda o non-límite como límite, asentados sobre unha sólida base, como é unha garda lateral, con xeonllos lixeiramente flexionados, talóns levemente levantados e desprazamentos laterais realizados sobre as puntas dos pés.''''<ref>''The Tao of Jeet Kune Do''</ref>}}
 
Liña 49 ⟶ 50:
== As seis enfermidades ==
O Jeet Kune Do é moito máis ca un método de combate. ''É unha das ávidas pólas que a vida nos descobre os seus segredos.'' Máis ca dunha técnica é o desenvolvemento físico e espiritual do individuo como tal. A mentalidade fronte ó combate ha de ser unha mentalidade de gañador, ou máis ben "positiva" (somos parte da natureza), sen anticiparse o resultado do combate, deixando que a natureza flúa. Unha técnica tan completa pode deformarse se quen a practica comete un destes seis errores fundamentais:
 
# O [[Desexo (filosofía)|desexo]] de vitoria.
# O desexo de recorrer á astucia técnica.
# O desexo de mostrar todo o aprendido.
Liña 57 ⟶ 59:
 
O método e a constancia adestrando adoitan solucionar todos estes problemas. Como repetía Bruce Lee: ''Investiga nas túas propias experiencias para chegar a entender que funciona de ti.''
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
[[Categoría:Artes marciais]]