Jimmy Carter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 23:
En 1970 logrou o nomeamento do [[Partido Demócrata]] e venceu nas eleccións a gobernador ao republicano Hal Suit. No seu discurso inaugural, en [[1971]], Carter sorprendeu aos xeorxianos e ao resto do país cunha alegación en contra da discriminación racial, o cal resultaba chocante nunha contorna (o sur estadounidense) na que aínda imperaba a segregación entre brancos e negros. Precisamente, entre as súas primeiras actuacións como gobernador estivo a de situar a moitos negros en importantes cargos administrativos.
 
A lexislación xeorxiana impedía a Carter presentarse a un segundo mandato tras a finalización do primeiro, en [[1975]], polo que cando abandonou o cargo concentrou os seus esforzos na carreira presidencial. Cando entrou nas primarias presidenciais do Partido Demócrata en [[1976]], moitos consideraron que contaba con moi poucas posibilidades fronte a outros candidatos máis coñecidos a nivel nacional. Con todo, o [[Watergate|escándalo Watergate]] aínda estaba recente na memoria dos electores, polo que o feito de non pertencer á clase política de [[Washington, DC|Washington]] supuña unha vantaxe para Carter. A posta en práctica dunha estratexia intelixente permitiulle gañar o nomeamento do Partido Demócrata á presidencia dos Estados Unidos.
 
Na campaña electoral, Carter comezou cunha importante vantaxe nas sondaxes sobre o presidente republicano [[Gerald Ford]], en parte porque o indulto deste a [[Richard Nixon|Nixon]] fora moi impopular. No entanto, Ford foi aos poucos recurtando as distancias, xa que o electorado seguía mostrando as súas dúbidas ante un candidato tan pouco coñecido como Carter. Finalmente, Carter resultou vencedor nas eleccións do [[2 de novembro]] de [[1976]], co 50,1% dos votos (Ford obtivo o 48%). Así, converteuse no primeiro candidato do ''[[Deep South|Sur Profundo]]'' en ser elixido presidente desde [[1848]].