Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Resorte»

*O primeiro que percibín é que á imaxe lle falta un dato fundamental para que se poida manter na Galipedia. En tódalas imaxes da Galipedia debe constar a licenza e a orixe (''source'' en inglés) ou fonte de onde foi tirada. Se foi tirada de internet, hai que poñer un enlace á páxina correspondente. A orixe é fundamental porque é o que permite habitualmente demostrar que a licenza é certa. Por mor disto, marquei a imaxe para borrar (nun futuro próximo), marcado que será retirado se se engaden os datos que faltan.
 
[[Image:Leovigildo 01.jpg|rightleft|40px|Imagen:Leovigildo 01.jpg]]
*Logo reparei no nome da imaxe e deime conta de que a imaxe foi subida doutra wikipedia. Ó buscala, encontreina en Commons. As imaxes de Commons, non tes que subilas á Galipedia. Úsanse coma se xa estivesen subidas. Commons ten imaxes que se poden usar directamente en tódalas Wikipedias. Póñoche un exemplo co esta foto á dereitaesquerda.
 
Vou proceder a substituír nos artigos en que estea presente a imaxe que subiches pola de Commons (que ten maior calidade) e logo borrarei a imaxe que subiches.
 
O nome da imaxe de Commons é [[:Image:Leovigildo 01.jpg]]
 
Se tes algunha dúbida, especialmente sobre as imaxes, non dubides en preguntarme. Un cordial saúdo --[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 12:10, 26 agosto 2006 (UTC)
40.228

edicións