Diferenzas entre revisións de «Centro Hípico Casas Novas»

m
arranxiños menores
(Categoría:Arteixo; arranxiños)
m (arranxiños menores)
 
==Características==
'''Casas Novas''' é unha entidade que está homologada pola Federación Hípica Española cunha categoría de 4 estribos (a máxima posible, nun rango que vai de 1 a 4), sendo o único centro ecuestre en [[Galicia]] que acada ese recoñecemento.
 
O centro ten unha superficie duns 71.000 metros cadrados, cunhas modernas instalacións que incluen 60 cortes, 180 boxes para cabalos de competición, unha pista exterior de concurso, unha pista exterior de quentamento, o picadeiro principal cuberto, con cafetería e salón, un picadeiro cuberto mais pequeno para ponis, outro picadeiro cuberto para a escola de equitación, un campo exterior de galope de 500 metros, ximnasio, almacén e celeiro.
 
== Concurso de Saltos Internacional (CSI) ==
O centro organizou o seu primeiro CSI no mes de decembro do ano [[2000]]. A sona e o prestixo do centro e do concurso medraron rápidamente, e '''Casas Novas''' convertéuse nun referente internacional, de xeito que no ano [[2004]] o evento se convertiu nun concurso de 5 estrelas, a máxima categoría que otorga a Federación Ecuestre Internacional. O consursoconcurso abrange 3 xornadas de saltos, celébrase na pista principal cuberta ante centos de espectadores e retransmitido por varias televisións de todo o mundo.
 
==Véxase tamén==