Ansemil, Celanova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
formato
Sen resumo de edición
Liña 10:
|entidades = 5
}}
'''Santa María de Ansemil''' é unha parroquia do concello [[Provincia de Ourense|ourensán]] de [[Celanova]] na [[comarca da Terra de Celanova]]. No ano [[2007]] contaba con 136 habitantes (73 homes e 63 mulleres) distribuídos en 65 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano [[2000]].
 
==Xeografía==
É un claro exemplo de dispersión xeográfica [[minifundio|minifundista]], formada por varias aldeas que teñen á parroquia como vínculo de unión. O [[minifundio]] levou consigo o abandono das terras de cultivo, polo que actualmente apenas resisten algúns rabaños de [[ovella]]s basicamente para o autoconsumo. É salientable este desaproveitamento que se fai das terras de labradío xa que é unha zona moi fértil ó abundar as fontes e os regatos. Ademais o río [[Orille]] discorre polo leste da parroquia formando unha fronteira natural co concello de [[A Bola]].
 
==Economía==
A súa maior actividade económica céntrase no [[polígono industrial de Celanova]] situado ó carón da aldea de [[A Lama]]. Nel destaca a venta e mécanica de automóbiles, os almacéns de alimentos e a manufactura de coellos. Na parroquia tamén existen outras actividades económicas como son a [[avicultura]], a carpintería e a venta de materiais da construción. Por último tamén é de destacar a rehabilitación da rectoral de Ansemil como casa rural sendo unha das poucas ofertas de hospedaxe do concello de [[Celanova]].
En canto ás actividades económicas que existen, destacan a [[avicultura]], a mecánica e empresas relacionada cos materiais da construción.
 
==Festas==