Diferenzas entre revisións de «Historia de Galicia»

Galicia (tamén León) perdía desde este momento unha casa real propia que garantira a súa soberanía e unira a súa nobreza; en troques, convertíase nun reino periférico, gobernado desde e por [[Castela]] e cuxas cidades foron perdendo poder en detrimento das cidades castelás. Tal situación levou aos nobres galegos a alzárense en numerosas ocasións contra Castela, proclamando un novo rei, e mesmo coroando a [[Fernando I de Portugal]], e ao inglés [[Xoán de Gante|John of Gaunt]], como soberanos lexítimos de Galicia.
 
===Guerras coa Coroa de Castela (1296-1388)===
[[Ficheiro:Alfonso XI, king of Leon and Castile.jpg|220px|thumb|Afonso XI nunha ilustración das Crónicas de [[Froissart]], ''c.''1410]]
{{Cadro de citas|Vexamos os ''efectos da peste negra'' no ano 1352: “Os herdamentos, vinnas, casas e casares, cortinnas et chousas que som en termino desta çidade dourense et o redor dela et ennos coutos do dito sennor o bispo que son foreiras e tributarias ao dito sennor o bispo se herman e despobran e se van a monte et os omes non as poden nen queren lavrar por estas rasoes que se seguen et outras moytas que serian longas de diser: a huna rason he por que os omes lavradores et aqueles que eran deles teedores como foreiros morresen na mortaydade et pestilençia que foy enno anno da era de mill e tresentos e oytenta e seys annos en guisa que ficaron poucos para lavrar segundo he notorio por todo o bispado dourense”|(Extracto do ''Arquivo da Catedral de Ourense'' escrito polo bispo).|largo=28%|aliñamento=dereita}}
3.364

edicións