Diferenzas entre revisións de «Compilador»

m
sen resumo de edición
(arranxiños)
m
Un '''compilador''' é un [[programa]] que transforma o [[código fonte]] (código escrito normalmente nunha [[linguaxe de alto nivel]]) nunha secuencia de instrucións (programa) que será executada por un sistema [[computador|computacional]]. O código de alto nivel tamén se designa como [[código fonte]] ou ''source code''. O código compilado designase como [[código obxecto]] ou ''obxect code''.
 
== Características ==
A arquictetura convencional dun compilador divídese en Análise e Síntese. A ''análise'' pode ser subdividida á súa vez en [[análise léxica]], [[análise sintáctica]] e [[análise semántica]]. A ''Síntese'' é máis variada, podendo estar composta polas etapas de xeración de código intermedio, optimización de código e xeración de código final (ou [[código máquina]]). Só esta última etapa é obrigatoria.
 
Outra parte separada do compilador que moitos usuarios ven como integrada é o [[linker]], coa función de unir varios programas xa compilados dunha forma independente e unificalos nun programa executábel. Iso inclúe colocar o programa final nun formato compatíbel coas necesidades do sistema operativo para cargalo en memoria e colocalo en execución.
 
==VexaVéxase tamén==
=== Outros artigos ===
* [[Compilar]].
* [[Informática]].
* [[Intérpretes]].
* [[Linker]].
 
{{Informática en progreso }}
 
 
[[Categoría:Tipos de software]]
44.628

edicións