Sátrapa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ms:Satrap
Liña 1:
'''Sátrapa''' (en [[lingua grega|grego]]: σατράπης ''satrápēs'', do antigo [[lingua persa|persa]] ''xšaθrapā(van)'', «protector da terra/país») é o nome que se deu aos gobernadores das provincias dos antigos imperios [[Media (Oriente Medio)|Medo]] e [[Imperio Persa|Persa]], incluíndo a [[dinastía]] [[Aqueménida]] e varios dos seus herdeiros, tales como o [[Imperio Sasánida]] e os imperios [[Período helenístico|helenísticos]].
== Sátrapas medo-persas ==
O primeiro uso a gran escala das satrapías, ou provincias, data da concepción do primeiro [[Imperio Persa]] baixo [[Ciro II o Grande]], ao redor do ano [[-530|530 a. adCC.]] No entanto, as satrapías en si orixináronse durante a época dos medos, desde, polo menos, o ano [[-648|648 adCa.C.]] Ata a época da [[conquista]] de [[Media]] por Ciro o Grande, os emperadores medos gobernaban os seus territorios conquistados como [[provincia]]s, a través de reis e gobernadores clientes. Como na cultura persa o concepto de dignidade real era indivisible do concepto de divindade, os vinte sátrapas establecidos por Ciro nunca foron reis, senón [[vicerrei]]s que gobernaban en nome do rei, aínda que na realidade política moitos excedéronse nas súas atribucións.
 
[[Darío I]] deu ás satrapías unha organización definitiva, e incrementou o seu número a 23. Os sátrapas eran elixidos directamente polo rei xeralmente entre membros da nobreza. Exercían o poder xudicial e administrativo, cobraban os impostos ([[Inscrición de Behistún]]), encargábanse da orde pública e do recrutamento e mantemento do exército. O propio Darío I encargábase da súa supervisión e control para evitar que se excedesen nas súas funcións.
 
[[CambisesEsmerdis]], o predecesor de Darío I, desconfiando respecto da lealdade dalgúns gobernadores, situou un secretario á beira de cada sátrapa para vixiar os seus actos e organizou un grupo de funcionarios coñecidos como os "ollos e oídos do rei", que percorrían o Imperio para valorar sobre o terreo a situación e emitir un informe. A pesar destes controis, cando se producía un acto de sedición, a rápida intervención do exército, facilitada pola rede viaria de comunicacións, acababa co perigo antes de que o movemento provocase o levantamento doutras rexións por sentimentos semellantes.
 
O sátrapa encargábase do cobro dos impostos, controlaba aos oficiais locais e ás tribos e cidades vasallas, e era o [[xuíz]] supremo da provincia, ante o cal cada criminal debía ser levado para ser xulgado. Tamén era o responsable da seguridade dos camiños, e tiña que eliminar aos fuxidos e rebeldes. Para cumprir coas súas funcións contaba coa axuda dun consello de persas, e era controlado polo secretario real e os emisarios do rei, en especial polo funcionario "ollos e oídos do rei", quen facía unha inspección anual e exercía un control permanente.