Ankhesenamon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
m arranxiño
Liña 3:
'''Ankhesenamon''' (tamén coñecida como '''Ankesenamón''' ou '''Anjesenamón''') foi a terceira das seis fillas de [[Akhenatón]] e da súa Gran Esposa Real [[Nefertiti]]. O seu nome significa ''a que vive por Atón''. Descoñécese a data exacta do seu nacemento, pero é probable que fose a primeira das princesas reais que nacese na recentemente fundada capital de Exipto, [[Amarna]].
 
Aparece en moitas representacións, acompañada sempre dos seus pais, Akhenatón e Nefertiti, así como das súas dúas irmás maiores. Crese ademais que, e un certo momento de finais do reinado do seu pai, foi casada con el mesmo, e ata se fala da existencia dunha filla nacida deste incesto real, de nome [[AnjesenpaatónAnkhesenpaatón-Tasherit]].
 
Sexa como for, á morte do seu pai, contraeu matrimonio co príncipe [[Tutankhamon|TutankhAtón]], irmán ou fillo de Akhenatón, converténdose así na Gran Esposa Real, en [[-1327|1327 adC]]. Cando o seu esposo restableceu o culto a [[Amón]] e reabriu os templos, tras a revolución relixiosa que levou a cabo o seu pai, ambos cambiaron os seus nomes, sendo respectivamente [[Tutankhamon]] e '''Ankhesenamon'''.