Manuel García Barros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 7:
Xa en 1903, cando estaba a realizar o [[servizo militar]] en [[Vigo]], comezou a colaborar en revistas e a tomar contacto cos movementos culturais da [[cidade olívica]], moi especialmente co teatro. No ano [[1907]], e por mor do seu labor como director do xornal ''El Estradense'', pasou por primeira vez na súa vida pola cadea, feito que se volveu a repetir no ano seguinte.
 
Os seus contactos e simpatía cos [[agrarismo|movementos agrarios]] de comezos de século son moi salientábeis así coma cos membros das [[Irmandades da Fala]] e posteriormente co grupo [[Nós]], moi especialmente co seu grande amigo e soporte cultural [[Ramón Otero Pedrayo]]. Xa a partir do [[1920]] pasou a ser un persoeiro recoñecido nas nosas letras e no [[Galeguismo (política)|galeguismo]], canto máis ao ser un dos “alma mater” do xornal ''[[El Emigrado]]'', que foi o xornal de maior duración da Estrada ata hoxe, e no que colaborou con todo tipo de traballos. Neste último xornal escribía unha sección, baixo o nome de ''Rexoubas'', na que promoveu unha afamada campaña contra o [[caciquismo]].
 
No ano [[1927]] aprobou as oposicións de Mestre Nacional, indo no seu primeiro destino a [[Pepín, Castrelo do Val|Pepín]] ([[Castrelo do Val]], Ourense). O [[Alzamento Nacional|levantamento militar]] supúxolle a suspensión de emprego e soldo, cando xa fora trasladado a unha parroquia da beira ([[San Pedro de Ancorados, A Estrada|San Pedro de Ancorados]]). Este emprego non lle foi xamais restituído en vida.
Liña 25:
O seu primeiro artigo coñecido publicouse en ''[[Luz y Sombra]]'' de Vigo no ano [[1898]]. A partir de aquí é moi reseñábel o seu labor xornalístico, especialmente no semanario ''[[El Estradense]]'', unha publicación agrícola-social que se comezou a publicar no [[1906]] e no que participou con artigos, relatos curtos, etc. e do que foi o seu director. Deixou de se publicar no [[1909]].
 
No ano [[1920]] creouse o xornal ''[[El Emigrado]]'', publicación financiada polos ''Hijos del Ayuntamiento de La Estrada'', de [[Cuba]]. Neste xornal comezou a publicar periodicamente os seus “Contiños da Terra” e comezou a ser recoñecido e respectado no ámbito cultural galego e no movemento galeguista. No ano [[1924]], o seu conto ''O fútbol en Malpocados'' foi premiado nos Xogos Florais de Santiago. Dous anos máis tarde púxose en escena a súa pequena peza teatral ''Carta da Habana'' (publicada na ''Revista Céltiga'', Ed. Fervenza, 2002). No [[1929]], o seu longo traballo ''Falemos na nosa fala'' gañou o Certame Literario de Exaltación da Muller Galega (Pontevedra). Posteriormente recolleitou os contos e relatos breves que fora sacando en ''El Emigrado'', e publicounos so o título ''Contiños da Terra'' (Nós, 1930; Hnos. Caporaletti, 1952; [[Edicións Xerais de Galicia]], 1999; Biblioteca Galega 120, [[La Voz de Galicia]], 2002). Xa en vida non viu publicadas máis obras, a pesar de pasar toda a vida escribindo.
 
No ano do seu pasamento, meses despois, saíu á rúa ''As aventuras de Alberte Quiñoi'' (Editorial Castrelos, 1972; [[Editorial Vía Láctea]], 1990), a pesar de que xa fora finalista nun concurso literario convocado polo [[Centro Galego de Buenos Aires]] no 1949. Máis tarde publicáronse a súas obras ''Enredos'' ([[Editorial Galaxia]], 2000), ''Fiunchos'' (2001) e ''Dos meus recordos'' (Editorial Galaxia, 2001), esta última de corte autobiográfico.