Mikhail Botvinnik: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Formato
Xoacas (conversa | contribucións)
+{{Biografía}}
Liña 1:
{{Biografía
[[Ficheiro:Botvinnik (1927).jpg|thumb|210px|Botvínnik en 1927]]
|nome = Mikhail Botvinnik
|imaxe = Botvinnik (1927).jpg
|imaxe_tamaño = 225px
|descrición = Mikhail Botvinnik en [[1927]]
|data_de_nacemento = [[17 de agosto]] de [[1911]]
|lugar_de_nacemento = [[Leningrado]] {{RUS}}
|data_de_falecemento = [[5 de maio]] de [[1995]]
|lugar_de_falecemento=
|nacionalidade = [[Rusia|Rusa]] {{RUSb}}
|ocupación = Xogador de [[xadrez]]
|cónxuxe =
}}
 
'''Mikhail Moiséyevich Botvínnik''' (en [[ruso]], '''Михаил Моисеевич Ботвинник'''), transliterado tamén como '''Mikhail Botvinnik''', nado en [[Leningrado]] o [[17 de agosto]] de [[1911]] e finado o [[5 de maio]] de [[1995]], foi un [[Gran Mestre Internacional]] e [[Campionato do mundo de xadrez|Campión do Mundo]] de [[xadrez]] [[Rusia|ruso]].
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Capablanca-Botvinnik 1936.jpg|thumb|rightesquerda|250px|José Raúl Capablanca contra [[Mikhail Botvinnik]] en [[1936]]]]
 
Comezou a ser coñecido ao derrotar ao campión mundial [[José Raúl Capablanca]] nunha exhibición de partidas simultáneas. Progresou rapidamente e aos 20 anos, en [[1931]], cando xa era un Mestre Soviético, gañou o seu primeiro campionato da [[URSS]]. Volveu logralo en [[1933]], [[1939]], [[1941]], [[1945]] e [[1952]].
 
Aos 24 anos de idade, Botvínnik atopábase na elite mundial do xadrez, gañando os máis importantes torneos da época. Foi vencedor, xunto con [[Salomon Flohr|Salgo Flohr]], en [[Moscova]] en [[1935]], por diante de [[Emanuel Lasker]] e Capablanca. Gañou tamén, xunto con Capablanca, en [[Nottingham]] en [[1936]], e empatou no terceiro posto, trás [[Reuben Fine]] e [[Paul Keres]], no prestixioso torneo AVRO de [[1938]], onde competiron os 8 xogadores máis fortes do momento.
 
[[Ficheiro:Capablanca-Botvinnik 1936.jpg|thumb|right|250px|José Raúl Capablanca contra [[Mikhail Botvinnik]] en [[1936]]]]
 
Botvinnik continuou cos seus éxitos e en [[1948]] gañou o título mundial, que quedara vacante tras a morte de [[Alexander Alekhine]], cando gañou o torneo de [[A Haia]]/Moscova. Defendeu con éxito o seu título en [[1951]] e [[1954]] ante [[David Bronstein]] e [[Vasily Smyslov]], tras empatar ambos os matches 12-12. Perdeu ante [[Smyslov]] en [[1957]] por 12.5-10.5, pero no match de desquite en [[1958]] impúxose por 12.5-11.5. Ante Mikhail Tal repetiuse a historia: caeu en [[1960]] (12.5-8.5) só para recuperarse en [[1961]] (13-8). Volveu caer en [[1963]], esta vez ante [[Tigran Petrosian]], pero este foi o fin do seu reinado, dado que a FIDE abolira o dereito a un match de desquite.