Partido Comunista do Pobo Galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Paradanta (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 1846850 de 91.117.190.73 (conversa) Reirada de info sen explicación. Mudanza criterio primeiro editor en Galicia\Galiza.
Liña 1:
O '''Partido Comunista do Pobo Galego''' ('''PCPG''') é un partido político [[GalizaGalicia|galego]].
 
==Historia==
O Partido Comunista do Povo Galego foi creado en [[1984]], paralelamente ao proceso de unidade e recomposición [[comunista]] impulsado en todo o estado por distintos partidos comunistas e mais en [[Cataluña]] polo [[Partit dels Comunistes de Catalunya]], en contra do [[eurocomunismo]] imperante na dirección do [[PCE]] e do [[PCG]]. Este proceso levou á fundación do [[Partido Comunista (España)|Partido Comunista]] (PC), antecesor do que logo foi o [[PCPE]].
 
Posteriormente rexistrouse en [[1993]] como Partido Comunista do Pobo Galego<ref>[http://servicio.mir.es/registro-partidos/index.htm Rexistro de partidos políticos], busca polo termo "pobo"</ref>. Aínda que participou en diversos comicios, os resultados sempre foron minoritarios. A súa última participación foi nas eleccións ao [[Senado]] en [[2008]], onde presentaron candidatura pola [[provincia de Ourense]], e onde obtiveron 4.243, 3.428 e 3.413 votos os seus tres candidatos.