Coalición Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
m Non funciona a web oficial; legalmente segue a existir pero non sei se terá actividade real.
Xas (conversa | contribucións)
Liña 18:
==Coalición==
 
Naceu como coalición electoral para as [[Eleccións Municipais 1983 en Galicia|eleccións municipais de 1983]], presentouse o 18 de febreiro de 1983. Nela incorporáronse boa parte dos dirixentes (en especial [[Eulogio Gómez Franqueira]]) e partidos galegos, [[Partido Galego Independente]], [[Centristas de Ourense]], [[Converxencia de Independentes de Galicia]], procedentes da descomposición da [[UCD]] logo da súa desfeita nas [[eleccións xerais de 1982]]. Uníronse tamén sectores galeguistas, en especial o [[Partido Galeguista (1978)|Partido Galeguista]]. O resultado das eleccións municipais de 1983, colocárona como a terceira forza política de Galicia a escasa distancia en número de concelleiros do PSOE. En efecto, se o PSOE obtiña 926, Coalición Galega obtiña 858. As preto das 50 alcaldías e os máis de 125.000 votos, supuñan un arranque prometedor.<ref>''A Gran Historia de Galicia'', XIV, volume 2, Ed. La Voz de Galicia, 2002, pax. 44.</ref>. A cuarta forza política, o [[BNG]] aparecía a moita distancia con 118 concelleiros.
 
Como consecuencia destes resultados, Coalición Galega facíase coa [[Deputación de Ourense]]. O seu Presidente ía ser [[Victorino Núñez]].