Segunda Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
 
amplío
Liña 1:
A '''Segunda Internacional''' foi unha organización formada en [[1889]] polos [[socialismo|partidos socialistas]] e [[laborismo|laboristas]] que desexaban coordinar a actividade internacional dos movementos obreiros que formáranse en gran parte dos países europeos. Continou o traballo da [[Asociación Internacional de Traballadores|Primeira Internacional]] ata a sua disolución en [[1916]].
 
O centro permanente que dirixía a II Internacional tivo sede en [[BruselasBruxelas]]. Sen embargo, esta experiencia mostrou moi pronto as suas limitacións históricas, sobre todo a causa das diverxencias entre as posicións dos distintos países, que alinearonsealineáronse cos intereses nacionais con frecuencia. Co estalido da [[Primeira Guerra Mundial]] a contradiccióncontradición entre as aspiracións revolucionarias das clases oprimidas e a política da II Internacional chegou o punto que se fixo necesaria a creación dunha [[Terceira Internacional]], en [[1919]], que adoptou o nome de ''Internacional Comunista'' (abreviadamente, ''Komintern''), para distinguirse do apego da segunda ós medios electorais.
 
A Segunda Internacional reorganizouse en [[1920]], pero moitos partidos negaronse a unirse a ela, formando a [[Unión Internacional de Partidos Socialistas Obreiros]] como alternativa. A UIPSO tivo unha corta vida, sen embargo, e en [[1923]] volveu a integrarse á Segunda Internacional. A [[Segunda Guerra Mundial]], sen embargo, acabou de disolver ás forzas que a integraban, e precipitou a sua desaparición en [[1940]].
 
Entre as accións máis famosas da Segunda Internacional está a declaración do [[1 de maio|1° de maio]] como [[Día Internacional do Traballo]] en [[1889]] e o [[8 de marzo]] como [[Día Internacional da Muller Traballadora]] en [[1910]].
 
==Congresos da Segunda Internacional==
A máxima instancia de reunión eran os Congresos, baixo diferentes denominacións:
# [[París]], 14 ó 19 de xullo de [[1889]].
# [[Bruxelas]], 3 ó 7 de agosto de [[1891]]. Convocado como o Congreso Internacional Obreiro Socialista e organizado polo [[Partido Obreiro de Bélxica]].
# [[Zúric]], 9 ó 13 de agosto de [[1893]]. Convocado como o Congreso Internacional Obreiro Socialista e organizado por un comité [[ad hoc]].
# [[Londres]], 26 ó 31 de xullo de [[1896]]. Convocado como o Congreso Internacional Socialista de Traballadores e Cámaras Sindicais Obreiras e organizado por un comité [[ad hoc]].
# [[París]], 23 ó 27 de setembro de [[1900]]. Convocado como o Congreso Socialista Internacional, quedando como o nome definitivo, e organizado por un comité [[ad hoc]].
# [[Amsterdam]], 14 ó 20 de agosto de [[1904]]. Organizado e convocado, en adiante, polo BSI.
# [[Stuttgart]], 18 ó 24 de agosto de [[1907]].
# [[Copenhagen]], 28 de agosto ó 3 de setembro de [[1910]].
# [[Basilea]], de carácter extraordinario, 29 ó 30 de xullo de [[1912]].
# [[Xenebra]], 31 de xullo ó 4 de agosto de [[1920]].
Estaba programado un Congreso en [[Viena]] a realizarse en agosto de [[1914]], postposto ata 1920 ó iniciarse a [[I Guerra Mundial]].
 
==Conferencias da Segunda Internacional==
Entre 1915-1919 realizáronse unha serie de conferencias convocadas por grupos de partidos integrantes da Segunda Internacional. Nestas reunións prodúcese a separación definitiva entre a dereita, o centro e esquerda da Segunda Internacional e a constitución futura dos seus respectivos organismos e partidos. Estas conferencias foron:
* [[Copenhagen]], 17 e 18 de xaneirp de 1915.
* [[Londres]], 14 de febreiro de 1915.
* [[Conferencia de Zimmerwald|Zimmerwald]], setembro de 1915. Marca a quebra definitiva da II Internacional ó crearse a [[Comisión Socialista Internacional]].
*[[Kiental]], 1916, continuación da anterior.
*[[La Haya]], en xullo de 1916 como Conferencia de socialistas neutrales. Convocado polo BSI.
*[[Estocolmo]], en xuño de 1917 como Conferencia Internacional Socialista, convocado polo [[Partido Socialdemócrata Independiente de Alemaña]] (USPD).
*[[Berna]] en 1919 como Conferencia Internacional Obreira e Socialista.
*[[Amsterdam]] en abril de 1919 como Conferencia Internacional Socialista.
*[[Lucerna]] en xullo de 1919 co mesmo nome da anterior.
 
Ademais efectuouse unha reunión dos comités executivos das tres internacionais en [[Berlín]] entre o 2 e 5 abril de 1922.
 
[[Category:Socialismo]]
[[Category:Socialdemocracia]]
[[Category:Internacionais]]