Lingua valoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
+{{InterWiki|code=}}
Liña 21:
O '''valón''' (''Walon'') é unha lingua romance que se falaba como primeira lingua en gran parte (70%) da [[Valonia|Rexión Valona]] de [[Bélxica]] e algunhas vilas do norte de [[Francia]] (preto de [[Givet]]) até mediados do [[século XX]]. Pertence ao grupo de linguas de oïl, cuxo membro máis prominente é a [[lingua francesa]]. Os antecedentes históricos da súa formación foi a extensión do territorio, xa dende o [[980]] co Principado de [[Liège]], ao sur e ao oeste.
 
A pesar da súa rica [[literatura]], a cal comezou de forma anónima no [[século XVI]] e con autores coñecidos dende [[1756]], o uso do valón diminuíu notablemente dende a anexión francesa de [[Valonia]] en [[1795]]. Este período estabeleceu na zona ao [[francés]] como lingua da prestixio social, moito máis do que podía ser antes. Aínda que [[Bélxica]] obtivo a súa independencia en [[1830]], o francés estableceuse como o idioma principal no ensino en gran parte do país. Despois de [[Primeira Guerra Mundial]], as escolas públicas proporcionaron educación en lingua francesa a tódolos nenos, inducindo unha denigración do valón e acompañado dunhas ordes oficiais en [[1952]] para castigar o seu uso nos centros de ensino. Posteriormente, dende mediados do [[século XX]], a transmisión xeracional da lingua reduciuse, convertendo ao valón particamentepracticamente nunha lingua morta. Hoxe en día apenas é falado entre os mozos.
 
Numerosas [[Organización non gobernamental|asociacións]], especialmente [[Teatro|compañías de teatro]], están a traballar para manter a lingua viva. A nivel gubernamentalgobernamental, o valón está oficialmente recoñecido como unha ''langue régionale endogène'' (lingua rexional indíxena). O valón tamén se beneficia dun plan de normalización lingüística. O sistema Feller (1900) regulariza a transcrición dos diferentes acentos. Ademais, dende os anos [[1990]], estabeleceuse unha [[ortografía]] común, a cal permite a publicación de textos en valón a gran escala. Compre non confundir o valón co [[francés]] de [[Bélxica]], o cal difire do francés falado en [[Francia]] nalgúns puntos menores do [[léxico]] e a [[fonética|pronuncia]].
 
== Notas ==
Liña 29:
 
== Véxase tamén ==
 
=== Ligazóns externas ===
{{InterWiki|code=wa}}
* [http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=wln O valón en Ethnologue]
 
* [http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=wln O valón en Ethnologue]
 
{{Lingua románica}}