Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
 
== Traxectoria ==
Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Central de [[Madrid]], véndose influído polo maxisterio intelectual de [[Francisco Giner de los Ríos]], [[Filosofía|filósofo]], [[Pedagoxía|pedagogo]] e ensaísta español, fundador e director da [[Institución Libre de Enseñanza]]. Doutorouse no ano [[1907]] coa tese ''La clasificación de las ciencias de Bacon a Spencer''. Pouco despois do seu doutoramento, ingresa no corpo de Estatística da Administración do Estado por concurso de méritos. Inicialmente destinado en Albacete durante uns meses, volveu á súa terra, exercendo como Xefe de Estatística da Delegación Provincial da cidade de [[Lugo]] deica se xubilar.
===Formación===
Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Central de [[Madrid]], véndose influído polo maxisterio intelectual de [[Francisco Giner de los Ríos]], [[Filosofía|filósofo]], [[Pedagoxía|pedagogo]] e ensaísta español, fundador e director da [[Institución Libre de Enseñanza]].
 
Doutorouse no ano [[1907]] coa tese ''La clasificación de las ciencias de Bacon a Spencer''.
 
===Ingreso e exercicio na Administración do Estado===
Pouco despois do seu doutoramento, ingresa no corpo de Estatística da Administración do Estado por concurso de méritos. Inicialmente destinado en Albacete durante uns meses, volveu á súa terra, exercendo como Xefe de Estatística da Delegación Provincial da cidade de [[Lugo]] deica se xubilar.
 
Xa durante os seus tempos de estudante universitario en Madrid, envía escritos ao xornal lugués ''[[El Norte de Galicia]]'', colaborando periodicamente neste medio entre os anos [[1903]] e [[1915]]. Tamén escribe no xornal ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'', así mesmo de Lugo, entre os anos [[1911]] e [[1927]]. As súas colaboracións, centradas en cuestións de divulgación filosófica, [[Historia|histórica]], asuntos de actualidade política nacional e internacional, pedagoxía e [[filoloxía]] foron frecuentemente asinadas baixo pseudónimos, como "Trpséfobo" ou "Manuel da Torre" -en alusión ao seu lugar de nacemento-, polo que son difíciles de identificar. Moitos dos seus escritos teñen sido localizados mercé ao seu arquivo persoal, conservado pola súa familia.
42.198

edicións