Diferenzas entre revisións de «Manuel García Blanco»

sen resumo de edición
(arranxos e cat)
 
===Vida persoal e familiar===
Modesto foi, pouco amigo da celebridade e a adulación (como demostra o seu reiterado emprego de pseudónimos en publicacións non oficiais, que xa chamara a atención nas publicacións galeguistas da preditadura) e armado dun rexo espírito crítico que non o facía vítima da comenencia social e a falsa amizade, si cultivou a fraternidade dos amigos, tanto das xentes populares coas que medrara na [[Ulloa]] e coas que nunca deixaría de manter o trato coma da marxinada e amordazada intelectualidade da posguerra, salientando entre os seus amigos [[Eduardo Seijas]], [[Ánxel Fole]], [[Luís Pimentel]] e [[Celestino Fernández de la Vega]], cos que compartía inquedanzas durante longos paseos e faladoiros baixo a interesada ollada dos seus alumnos.
 
A paulatina decepción polo devir político afastouno progresivamente do interese pola política inmediata que o ocupara durante as primeiras décadas do século XX. Entre as súas anécdotas ao respecto, sempre tinxidas dun culto enxeño irónico, cabe citar a resposta dada ao Xefe de [[Falange Española Tradicionalista y de las JONS|Falange Española]] en Lugo cando, en plena Guerra Civil e dado o seu dominio do idioma alemán, este lle ofreceu ir ao Berlín nazi como agregado cultural: con xesto ponderado, aduciu que ''"Tería que reler a Kant"'' (facíao en alemán!), mesturando as súas características modestia e ironía para evitar quedar forzado polas circunstancias a unha situación que en absoluto consideraba do seu agrado.
Usuario anónimo