Francisco Javier Elola: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 5:
Elola estudou dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]], foi pasante no despacho de [[Francesc Pi i Margall]] en Madrid en 1901. Aprobou as oposición á carreira fiscal e xudicial en 1905 exercendo en Galicia, [[Asturias]], [[Cataluña]] e [[León]], e o 4 de decembro de 1923, logo da proclamación da [[Ditadura de Primo de Rivera]], entrou como vocal na Xunta Organizadora do Poder Xudicial. En 1924 nomeárono xuíz do distrito de [[Chamberí]] e en representou a España nos Congresos Penais Internacionais de [[París]], [[Bruxelas]] (1926) e [[Budapest]] (1929).
 
Co cambio de réxime o goberno nomeouno Fiscal Xeral da República o [[31 de maio]] de [[1931]] cesando o 31 de xullo ao entrar no Tribunal Supremo como novo maxistrado. Nas eleccións xerais de 1931 accedeu ao Parlamento como deputado pola [[provincia de Lugo]] nas listas do [[Partido Republicano Radical]], participando nas discusións sobre a organización do poder xudicial en España mesmo enfrontándose co seu partido o que levaría a abandonalo e a non presentarse ás eleccións de 1933, continuando como maxistrado do Tribunal Supremo. En plena [[Guerra Civil española|Guerra Civil]], o [[26 de agosto]] de [[1936]] foi nomeado presidente da Sala Terceira do Contencioso Administrativo do [[Tribunal Supremo de España]], e o [[16 de setembro]] xuíz especial instructorinstrutor da causa pola insurrección en todos os cuarteis e cantóns militares da capital de España, gardou as formalidades legais, admitíndolle ao xeneral [[Joaquín Fanjul Goñi]] as probas que presentara, razón pola cal foi apartado da instruccióninstrución. O 27 de agosto de 1937 accedeu á presidencia da Xunta de Inspección dos Tribunais de Madrid e en outubro de 1937 trasladouse a Cataluña, onde en xuño de 1938 defendeu os funcionarios dos xulgados de Barcelona acusados de [[quintacolumnismo]].
 
Cando as tropas republicanas abandonaron Cataluña en 1939, decidiu quedar ofrecéndose a colaborar co novo réxime, pero detido o 26 de febreiro procesárono pola morte do xeneral Fanjul e os mortos da [[prisión Modelo de Madrid]] do 23 de agosto de 1936. Condenado a morte executárono en Barcelona o 12 de maio de [[1939]].