Diferenzas entre revisións de «Jimmy Chamberlin»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
 
 
'''James Joseph "Jimmy" Chamberlin''' naceu o [[10 de xuño]] de [[1964]] en Joliet, [[Illinois]]. Foi o batería de bandas como [[The Smashing Pumpkins]] e [[Zwan]]. No ano [[2005]] editou o seu primeiro disco en solitario titulado ''Life Begins Again''.
 
Chamberlin formouse como batería de jazz e tocou en numerosos conxuntos locais antes de unirse a [[The Smashing Pumpkins]] pouco despois da súa formación en [[1988]].
 
Chamberlin tivo problemas coas drogas o que fixo que fose expulsado da banda en [[1996]]. Durante a xira do ''[[Mellon Collie and the Infinite Sadness]]'', antes duns concertos no Madison Square Garden, en [[Nova York]], Jimmy e Jonathan Melvoin, teclista da banda durante a xira, consumiron heroina no hotel, e este último morreu de sobredose. Este feito propiciou a súa saída da banda. Durante o resto da xira foi substituído por bateristas de estudio.
 
A finais dese mesmo ano, mentres estaba en proceso de rehabilitación, uníuse á banda The Last Hard Men do ex-cantante de Skid Row Sebastian Bach. O grupo editou un único álbum co mesmo nome que a banda.
 
Tres anos máis tarde, en [[1999]], Chamberlain voltou a [[The Smashing Pumpkins. Sen embargo, un ano despois, en decembro do [[2000]], a banda separouse. El tocou nos dous últimos álbumes da banda, ''Machina'' e ''Machina II''.
 
== Ligazóns ==
66.595

edicións