Diferenzas entre revisións de «Igrexa de San Pedro da Mezquita»

imaxes
(corrixo datos logo de erro meu)
(imaxes)
 
Na entrada no ángulo da cornixa e contrafortes hai dúas figuras: [[San Pedro]], patrón, coa [[chave]] na man dereita, e a [[Virxe María|Virxe]]. Baixo os contrafortes unha [[Lobo|loba]] amamanta aos seus lobetos e un lobo devora un cordeiro. No segundo corpo da fachada ábrense dúas [[ventá]]s superpostas; a inferior, entre a portada e o [[rosetón]], é de arco de medio punto axadrezado, e a superior é un simple portelo sobre a cornixa. O rosetón está decorado con motivos florais da corrente santiaguesa. A portada sur, ademais de dúas ventás de arco de medio punto con [[Capitel|capiteis]], mostra dous [[león]]s que apoian as súas patas dianteiras sobre un cordonciño dun canastillo, baixo o arco de descarga. A [[ábsida]], dividida por altas [[columna]]s, con tres ventás e canzorros na cornixa, está cuberto por dous [[teito]]s de elementos desiguais que alteran as súas medidas en altura e anchura. A nave comunícase mediante un arco dobremente partido coa ábsida, na que se observan columnas truncadas baixo unha bovediña.
 
==Galería de imaxes==
{{Commons|Category:San Pedro (A Mezquita)}}
<gallery>
Ficheiro:Lateral igrexa de San Pedro da Mezquita, A Merca.jpg|Igrexa.
Ficheiro:Frontal igrexa de San Pedro da Mezquita, A Merca.jpg|Igrexa.
Ficheiro:Portada igrexa de San Pedro da Mezquita, A Merca.jpg|Portada da igrexa.
Ficheiro:Contrafortes igrexa de San Pedro da Mezquita, A Merca.jpg|Imaxes no contraforte.
Ficheiro:A Mezquita San Pedro Südportal585.JPG|Porta sur.
</gallery>
 
[[Categoría:Bens de Interese Cultural de Galicia]]
102.940

edicións