Family Guy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: arz:فاميلى جاى
Ravave (conversa | contribucións)
Liña 43:
 
Esta familia coexiste con outros personaxes, coma [[Glenn Quagmire|Quagmire]] (un desviado sexual), [[Cleveland Brown|Cleveland]] (como eles mesmos din ''un negro abandonado pola muller''), [[Joe Swanson|Joe]] (o policía paralítico),... todos eles cun rol diferente e que configuran un mosaico da sociedade.
 
== Rivalidade entre ''Family Guy'' e ''[[The Simpsons]]'' ==
 
* Nun capítulo de ''Family Guy'', faise unha dura crítica ás primeiras caricaturas de ''[[The Simpsons]]'' cando estaban no show de ''[[Tracey Ullman]]''. Peter (en ''Family Guy'') exclama "foi peor que cando nos eliminaron do show de ''[[Tracey Ullman]]''".
 
* No comezo dun episodio de ''Family Guy'', Stewie pasa nun triciclo por diferentes lugares: un desfile de orgullo gay, as baldosas amarelas de ''[[O mago de Oz]]'', corre xunto a [[Ben-Hur]], pasa pola casa de ''[[O Resplandor]]'', atropelando as xemelgas, polo videoxogo ''[[Doom]]'', nunha batalla de ''[[Star Wars]]'', polos prados de ''[[The Sound of Music]]'' (atropelando a institutriz),... e para rematar vai entrar no garaxe e sae [[Homer Simpson]] correndo como nas introducións dos Simpson (cando está a piques de ser atropelado por Marge, último gag antes de comezar o [[gag do sofá]] para non ser atropelado polo triciclo). Non o consegue, e Stewie atropélao. Peter sae da casa e exclama ''Stewie! E este amarelo quen é?''. Na dobraxe ao castelán, Peter di: ''¡Stewie! ¿Quién coño es este?'' ("Who the hell is this guy?"). Esta presentacion é unha parodia á secuencia inicial de ''Agárrao como poidas''.
 
* Por outra banda, no capítulo de ''The Simpsons'' ("The Italian Bob") os policías italianos revisan un libros de criminais americanos (Il Criminali Americani), no que nunha páxina sae unha foto de [[Peter Griffin]] e abaixo un cargo de "Plagiarismo" (adaptación de Plaxio).
 
* Os realizadores dos Simpon sempre se mantiveron críticos con esta serie, xa que cren que é un plaxio da súa, nun capítulo da casa do Terror dos Simpon no que Homer crea clons cunha hamaca, un deles é Peter, deixando claro que eles cren que Peter é unha copia de Homer Simpson.
 
== Casting ==