Tenzón: Diferenzas entre revisións

m
sen resumo de edición
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
[[Ficheiro:Juglar.jpg|thumb|200px|Na tenzón interveñen dous interlocutores con teses contrarias.]]
 
A '''tenzón''' é unha [[cantiga]] de xénero xocoso<ref>Henrique Monteagudo. ''Tres poetas medievais da Ría de Vigo''. Galaxia, 1998, páxina 72</ref>, que constitúe un xénero menor da lírica occitana<ref>William Doremus Paden ''Medieval lyric: genres in historical context''. Urbana, 2000, páxina 28 </ref> elaborada en forma de debate aberto entre dous e ás veces máis poetas<ref> Frank M. Chambers ''An introduction to old Provençal versification'', 1995. American Philosophical Society, páxina 41</ref>. É tamén un subxénero da [[trobadorismo|lírica medieval galego-portuguesa]] en que aparecen as críticas mutuas entre [[xograr|xograres]] e [[trobador]]es.
 
== Características ==
A tenzón é un xénero menor das [[cantiga de escarnio e maldizer|cantigas de escarnio]]. É unha [[cantiga]] de carácter dialogado en que, polo xeral, un dos interlocutores fala nunha [[estrofa]] e outro na seguinte. Na ''Arte de Trobar'' dise que as tenzóns poden ser de [[Cantigas de amor|amor]], de [[Cantigas de amigo|amigo]] ou de [[Cantigas de escarnio|escarnio]], mais hoxe téndese a falar de tenzóns coma unha variedade das [[cantiga de escarnio e maldizer|cantigas de escarnio e maldizer]].
 
Nesta composición dialogan un [[trobador]] e un [[xograr]], co interese conseguinte da diferenza social e cultural que podían presentar. O primeiro que intervén elixe o [[argumento]], o outro debe responder aténdose ó mesmo [[Métrica|esquema métrico]] e rítmico. Hai pois unha tendencia á ridiculización pública e son, sen dúbida ningunha, a mellor crónica da vida e da [[sociedade]] da época.
 
Consérvanse trinta tenzóns galego-portuguesas: vinte e oito son burlescas e só dúas son de amor. Este xénero tivo o seu apoxeo na época de [[Afonso X o Sabio]], xa que case todas corresponden ao período entre [[1250]] e [[1280]].
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*
 
===Outros artigos===
===Ligazóns externas===
*[http://revistas.ucm.es/fll/11389664/articulos/MADR0202110061A.PDF Joseph Ghanime ''A tenzón e o partimén'']
 
[[Categoría:Literatura]]
[[Categoría:Literatura galega medieval]]
43.154

edicións